📷 Participa no concurso 'Camiñando pola cultura no San Froilán'

Móvete pola cidade, busca as frases dos escritores galegos que están impresas nas beirarrúas e sube unha foto divertida á galería do noso Facebook
LETRAS GALEGAS. FRASES Y POEMAS DE ESCRITORES GALLEGOS ESCRITAS EN LAS ACERAS DE LA CIUDAD DE LUGO

O Concello de Lugo e El Progreso convídante a participar entre o 5 e o 12 de outubro no concurso Camiñando pola cultura no San Froilán. En que consiste? Moi sinxelo. Chega con pasear polas rúas de Lugo e tomar unha fotografía xunto ás frases dos escritores galegos que están impresas nas beirarrúas da cidade. Logo hai que subila a unha galería a través deste formulario que está compartido no Facebook de El Progreso.

Entre todos os participantes sortearanse de forma aleatoria a través da plataforma EasyPromos catro bonos dobres para o Hotel Oca Augas Santas Balneario & Golf. Cada bono dobre inclúe unha noite de aloxamento con almorzo e pase para o circuíto termal.

O único requisito para participar é ser maior de idade. Anímaste?

📸 ¡PARTICIPA! 👉Sube unha foto cunha das frases dos escritores galegos que están impresas nas beirarrúas da cidade e...

Posted by El Progreso de Lugo on Luns, 5 de outubro de 2020

Onde están as pintadas?

► 1. Avenida da Coruña, entre Parque da Milagrosa e Panadería Illán. Ánxel Fole.

► 2. Avenida da Coruña, fronte á Farmacia Balbina no cruce cara Praza Viana Do Castelo. Carvalho Calero.

► 3. Avenida da Coruña con Concepción Arenal. Novoneyra.

► 4.Praza da Milagrosa con Divina Pastora. Leiras Pulpeiro.

► 5. Fonte dos Ranchos con Rúa Chantada. Celso Emilio.  

► 6. Horta do Seminario con Bispo Aguirre. Ánxel Fole.  

► 7. Avenida de Madrid, fronte ao paso de peóns entre a Policía Autonómica e a Seguridade Social. Ramón Cabanillas.  

► 8. Entrada Conservatorio Danza. Novoneyra.

► 9. Praza Augas Férreas. Rosalía.  

► 10. San Roque con Praza Mártires de Carral. Lois Pereiro.  

► 11. Entrada Parque Rosalía de Castro. Rosalía.

► 12. Ramón Ferreiro (á altura da biblioteca). Noriega Varela.

► 13. Marina Española, fronte ao colexio Rosalía de Castro. Rosalía.

► 14. Entrada lateral Parque Rosalía antes da Rúa Pascual Veiga. María Victoria Moreno.  

► 15. Fronte á Estación de tren. Manuel Antonio.

► 16. Duquesa de Lugo/Infanta Elena (diante do MIHL). Valentín Paz Andrade.  

► 17. Entrada Facultade Humanidades. Eduardo Pondal.

► 18. Rúa Santiago (fronte ao colexio das Josefinas). Lois Pereiro.

► 19. Parque de Rosalía de Castro (onde a pista de patinaxe). María Mariño.

► 20. Ao lado do Carrefour. Díaz Castro.

► 21. Paseo do Miño (baixo o Pazo de Feiras). Castelao.  

► 22. Fábrica da luz. María Victoria Moreno.

► 23. Fronte IES Leiras Pulpeiro. Leiras Pulpeiro.

► 24. Avenida Breogán (fronte ao colexio Menéndez Pelayo). Ramón Piñeiro.

► 25. Praza Castiñeiriño. Lamas Carvajal.

► 26. Avenida das Américas. Noriega Varela.  

► 27. Paseo do Miño/Ponte Romana. Manuel María.  

► 28. Paseo do Miño Pazo de Feiras. Manuel María.  

► 29. Praza Viana do Castelo. Novoneyra.

► 30. Prado Agro do Rolo. Curros Enríquez.

► 31. Rúa Serra de Meira/Sagrado Corazón. Francisca Garrido.

► 32. Ángelo Colocci (fronte ao IES Ánxel Fole). Anxel Fole.  

► 33. Rúa Ourense con Rúa Anduriñas. Celso Emilio Ferreiro.

► 34. Rúa Menorca. Peatonal. Álvaro Cunqueiro.  

► 35. Camiño Real con Rúa Tui. Manuel María.  

► 36. Rúa Santo Grial (preto da entrada do Colexio Luís Pimentel. Luis Pimentel.

► 37. Praza Milagrosa con Rúa Curros Enriquez. Manuel María.  

► 38. Ronda das Fontiñas (parada de buses baixo o IES). Francisca Garrido.  

► 39. Rúa Paxariños. Lois Pereiro.

► 40. Rúa Montero Ríos. Carlos Casares.

► 41. Rúa Castelao. Castelao.  

► 42 .Praza da Constitución. Carvalho Calero.

► 43. Praza da Bretaña. Luis Pimentel.  

► 44. Rúa Carreteira da Granxa. María Victoria Moreno.  

► 45. Rotonda fronte a Colexio Paradai. Manuel Antonio.  

► 46. Ronda das Fontiñas (entre Carril dos Caíños e Carril das flores). Díaz Castro.

► 47. Cruce Rúa Betanzos e Rúa Pontevedra. Cunqueiro.  

► 48. Rúa Recatelo. Rafael Dieste.  

► 49. Rúa Montero Ríos (parada de bus antes de estación de tren). Rafael Dieste.  

► 50. Rúa Ramón Ferreiro (beirarrúa dereita case en Fonte do Rei). Lois Pereiro.

Comentarios