Paco Nieto: "Conservo a voz de Manuel María anunciando colchóns"

O locutor lucense vén de ser nomeado membro do Arquivo Sonoro de Galicia ? A súa colección reúne rexistros de 3.000 persoas, como Cunqueiro ou Luis Pimentel
Paco Nieto, no seu arquivo sonoro da súa casa de Lugo. XESÚS PONTEJPG
photo_camera Paco Nieto, no seu arquivo sonoro da súa casa de Lugo. XESÚS PONTE

Paco Nieto amosa unha especie de caixa negra que garda metida nun plástico metida nun plástico dentro dunha caixa para que non lle entre unha pinga de suciedade. Parece unha gravadora. É unha gravadora. "Permíteme sacar voces de cintas de VHS", explica; despois, achégase ao oído e revela en voz baixa: "Custoume 20 euros". Ese dispositivo súmase ás casetes e aos vídeos de You Tube dos que foi tirano ata as voces das 3.000 persoas que xuntou ata o de agora. A gran parte son galegos, mesmo conserva "a voz de Franco falando nun inglés macarrónico para a BBC".

Esa dedicación, que cumpre este ano os 20, e ese volume valeulle para ser nomeado onte como membro do Arquivo Sonoro de Galicia por parte do Consello da Cultura Galega.

Nieto (Lugo, 1954) empezou a traballar na radio con 16 anos. En Radio Popular (Cope) permaneceu 27 anos e despois falou por Radio Lugo (Cadena Ser). Non dá coidados concretos á súa voz, nin sequera agora que reúne voces.

O seu espertar no coleccionismo de voces produdiuse ao escoitar unha entrevista teléfonica que lle fixeran en Radio Popular á Federica Montseny, que fora a primeira ministra de Europa durante a segunda república. "Deime de conta do importante que era conservar as voces. Cando ía charlas a colexios sempre animaba aos rapaces a gravar as voces dos avós, porque todos temos fotos, pero non as voces".

Cando ía a charlas en colexios animaba os rapaces a gravar aos seus avós porque todos temos fotos, pero non voces

A súa voz favorita da colección é a do poeta Luis Pimentel, "polo timbre". Recita un poema. Non deixa en segundo lugar a do pensador Celestino Fernández de la Vega, que era "pousado, analítico, sereno,... vocalizaba moi ben". Como mellor "declamador" cita ao poeta Isidro Novo. Sen embargo, o escritor Ánxel Fole"«é peculiar, falaba rapidísimo".

O testemuño "máis emotivo" achégao o fillo do médico e alcalde de Lugo Rafael de Vega "contando como fusilaran ao seu pai tras o cemiterio mentres soaba a banda de música".

En importancia histórica posúas "dous rexistros de Castelao, en castelán. Nun defende o estatuto". Foron feitos en Bos Aires. "Eran convidados a dar conferencias, que se gravaban", algo que non acontecería en Lugo ata os anos 50. Cunqueiro pode ser escoitado en 56 ocasións nas cintas que conserva o novo miembro do Arquivo Sonoro, que onte tiña a noticia do nomeamento tan fresca que non sabía explicar cales serán as súas funcións. "Creo que hai tres ou catro reunións ao ano,pero xa me dirán".

O testemuño máis emotivo é o do fillo de Rafael de Vega contando como fusilarn ao seu pai mentres sobaba a banda

Grazas ao arquivo de Paco Nieto sabemos a motivación do Currinche, un personaxe do lumpen de Lugo. "Vínme obrigado a roubar cando vin que o facían os médicos e o os políticos". Grazas ao seu rexistro sabemos que Manuel María soñaba con ser locutor. "Conservo un anuncio do Palacio del Mueble no que anuncia a chegada dunha remesa de colchones Flex en Radio Lugo".

Paco Nieto, co seu arquivo sonoro. XESÚS PONTENa Cadena Ser traballaba Felipe Iglesias, detentador dun timbre de voz sedutor que atraía moitas mozas á porta da emisora, aínda que o físico do locutor facía auga moitas ilusións amorosas.

O arquivo sonoro de Paco Nieto está incompleto aínda. Revela que anda detrás dunha gravación de Antonio Rosón, o becerrego "que foi primeiro presidente da Xunta". Está seguro de que non tardala en conseguila. Ten a certeza de que nunca poderá escoitar a voz máis desexada por un coleccionista galego, "a voz de Rosalía". Non desbota rexistrar a voz de Deus, "pero espero que sexa dentro de moito tempo".

Comentarios