martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Paco Lodeiro: "A miña afección por cantar xurdiu en Mondoñedo, terra de miña nai"

O presentador Paco Lodeiro. EP
O presentador Paco Lodeiro. EP
Profesor de informática, cantante e presentador, regresa esta noite á TVG cunha nova edición de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’

Un concurso producido por El Progreso cun formato de Centroña, onde 16 cantantes galegos medirán o seu gran talento O polifacético Paco Lodeiro estrea hoxe ás 22.15 horas na TVG a segunda edición de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’. Lodeiro agarda superar o éxito de audiencia da tempada pasada, pois concibe o programa como unha alternativa ás orquestas galegas, que terán dificultades para actuar este verán pola crise sanitaria.

Cales foron os seus inicios no mundo da música? Miña nai é de Viloalle, en Mondoñedo, e a miña afección por cantar xurdiu precisamente alí, na terra da miña familia materna.

Segue coa súa carreira musical?
Vivir da música é algo incerto, pero aínda que de maneira máis profesional me dedico á presentación, nunca deixei de cantar. De feito, temos funcionando un espectáculo con Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara no que cantamos boleros e temas clásicos con bandas municipais. Actuamos hai pouco en Lugo, nas festas de San Froilán.

Dieciséis artistas gallegos miden su voz en 'A liga dos cantantes extraordinarios'

Cal cre que foi a clave do éxito da primeira edición do programa?
Noutros talents shows valórase a capacidade dun cantante para iterpretar coa súa voz as cancións que lle requiren, pero este é un concurso que reflexa as características singulares dos cantantes das orquestas de Galicia. Teñen que ser capaces nun mesmo día de contentar a tódalas idades que van á verbena: aos avós que agardan os pasosdobles, aos pais e aos netos. Os cantantes no só teñen que amosar a súa valía, senón tamén a súa versatilidade. Noutras partes de España é máis difícil que un espectáculo musical xunte á toda a familia, e aquí en Galicia acuden ao baile as tres xeracións.

Agarda unha audiencia tan numerosa coma o pasado ano?
Espero que esta segunda edición do programa teña incluso máis respaldo do público, porque na primeira os cantantes de orquestra actuaban cada noite nunha parroquia distinta recorrendo Galicia, e agora mesmo, debido á situación actual, a posibilidade de ver un espectáculo destas características en vivo é moito menor, polo que espero un maior interese do público.

Cales son as novidades desta segunda tempada?
Temos moitas novidades con respecto ao ano anterior. Na pasadaedición o gañador deste primeiro programa pasaba directamente á final, esta vez andará todo moito máis reñido. Dos oito concursantes que participan cada día, catro repetirán no seguinte programa e catro quedarán fora, aínda que pode que haxa posibilidades de repesca. No programa de hoxe só quedarán oito dos dezaséis cantantes, que participarán enfrontándose entre eles en duelos.

Como é ser presentador dun talent show musical cunha pandemia mundial aínda presente?
O ano pasado o plató deste programa estaba repleto de público, e desta vez apenas contamos con 20 persoas. A emoción que se vivía nun plató cheo de xente de diferentes idades e con todo o mundo bailando, non o temos este ano. Tivemos que configurar o plató respectando as distancias de seguridade, co xurado e os participantes en varias mesas e sillóns, os bailaríns alonxados... Houbo que amoldar as coreografías para garantizar a distancia de seguridade necesaria.

Cal é a súa perspectiva sobre o futuro incerto das orquestas en Galicia?
As posibilidades de saír a tocar son moi limitadas, polo que o programa vai ser unha das poucas oportunidades que teremos de ver aos nosos cantantes este verán.

Paco Lodeiro: "A miña afección por cantar xurdiu en Mondoñedo,...
Comentarios