'Os mortos van ás présas', favorita a los Mestre Mateo

A película 'Os mortos van ás presas', con vinte finalistas, parte como clara favorita para facerse co máximo número de galardóns sétima ediciónm dos Premios Mestre Mateo, chegando a copar por completo a categoría de Mellor Interpretación Feminina de Reparto.

Así, as candidatas a facerse co galardón á Mellor Longametraxe son a propia 'Os mortos van á presa', 'A noite que deixou de chover', 'Un cuento para Olivia' e 'Pradolongo'. En canto ás películas para televisión, optan ao premio 'La Bella Otero', 'O espello', 'A mariñeira' e 'O tesouro'.

A entrega, o 30 de abril
Compostela acolleu este xoves a apertura dos sobres notariais que contiñan os finalistas nos Premios Mestre Mateo, que se entregarán no Pazo de Cultura de Pontevedra o 30 de abril, nunha gala dirixida por Jorge Coira e con guión de Carlos Portela.

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas destacou o ''incremento notable'' de obras a concurso. Así, respecto á edición do 2007 pasouse de 121 obras presentadas a 148, e de 300 profesionais a 465. Isto demostra, segundo a directora da Academia, que estes galardóns están ''cada vez máis consolidados'', algo polo que están ''gratamente satisfeitos''.

''Historia de percebes''
A gran favorita para este certame, 'Os mortos van ás présas', estréas este venres en sala comerciais de toda España. De la Cruz define esta película como unha ''historia de percebes'', mais non porque se trate dun documental sobre furtivismo, senón porque se trata ''dun canto a Galicia e ás súas xentes, con personaxes duros por fóra e tenros por dentro''.

A cinta, rodada en Rinlo, no concello lugués de Ribadeo, conta a historia dunha camioneira que vai buscar marisco á costa galega e queda atascada co seu vehículo nunha ponte, impedindo o paso ao camposanto o día que van enterrar o patrón maior da confraría de mariscadores, provocando un conflito veciñal.

Comentarios