martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

Oliver Laxe competirá co filme 'O que arde' no Festival de San Sebastián

Oliver Laxe, Benedicta Sánchez e Amador Arias. EFE
Oliver Laxe, Benedicta Sánchez e Amador Arias. EFE

A cinta rodada nos Ancares foi seleccionada no Premio del Público Ciudad de Donostia

O último filme do cineasta galego Oliver Laxe (1982), O que arde, competirá polo Premio del Público Ciudad de Donostia que outorgarán os espectadores do Festival de San Sebastián, que se celebrará entre o 20 e o 28 de setembro. A película gravada nos Ancares proxectarase xunto os últimos traballos de Bong Joon Ho, Ken Loach, Nakache y Toledano e Wang Xiaoshuai.

O que arde foi a gañadora do xurado en Un Certain Regard na pasada edición do Festival de Cannes. Supuxo a terceira recompensa para o cineasta nestes premios, onde Todos vós sodes capitáns e Mimosas obtiveron o Premio da Crítica e o Gran Premio na Quincena de Realizadores e na Semana de la Crítica.

Esta película é a primeira que grava en Galicia. Nela, Laxe buscou as paisaxes dos seu avós no en Navia de Suarna para ambientar un melodrama que pretende "conmover o público con dous personaxes, o home e a súa nai".

O fonsadragrino Amador Arias interpreta un home que sae do cárcere tras cumprir condena por un incendio. Unha vez libre, regresa á súa aldea para vivir con súa nai -interpretada pola corguesa Benedicta Sánchez-, a súa cadela e as súas tres vacas.

"O que arde é unha película ao redor do lume e da soidade no rural", explica Laxe, que o define como "un documental creativo" sobre os incendios. O argumento susténtase nun "pirómano que sae da casa e volve á casa".

O fonsagradino Amador Arias interpreta un home que sae do cárcere tras cumprir condena por causar un incendio

O director sostivo que non quere "xustificar os seus actos, simplemente entendelos; a min non me corresponde xulgar". E, neste senso, puntualizou que pretende "entender que se esa persoa provoca sufrimento é porque sofre á súa vez. Quero que o espectador entenda iso e despertar nel sentimentos de indulxencia, perdón, misericordia, amor...".

Ambos protagonistas debutan na gran pantalla da man de Laxe. Despois do éxito de Cannes, Amador Arias contou que foi "un orgullo, o mellor premio. A aceptación foi estupenda. As 1.068 butacas da sala enchéronse nos dous pases e a xente saía encantada, dando os parabéns. Na festa posterior non se cabía".

O Premio de San Sebastián ten dous galardóns: un á mellor película dotado con 50.000 euros e outro ao mellor filme europeo de 20.000 euros.

Oliver Laxe competirá co filme 'O que arde' no Festival de San...
Comentarios