miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

'O que arde', nominada a mellor longametraxe de ficción nos premios Forqué

A cadela Lúa, Amador Arias e Benedicta Sánchez, nun fotograma de 'O que arde'. EP
A cadela Lúa, Amador Arias e Benedicta Sánchez, nun fotograma de 'O que arde'. EP
Á película de Óliver Laxe tocaralle competir coas de grandes directores como Amenábar e Almodóvar 

Os Forqué, que abren tradicionalmente a tempada de premios cinematográficos españois, desvelaron este xoves aos primeiros nomeados de 2020 nunha carreira con claros favoritos: os laureados Pedro Almodóvar, Alejandro Amenabar e a terna de directores vascos Aitor Garaño, Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi.

La trinchera infinita, con tres nomeamentos a mellor película, actor (Antonio de la Torre) e actriz (Belén Cuesta), é a que máis opcións acumula, mentres Dolor y Gloria e Mientras dure la guerra compiten tamén en actor -Antonio Banderas e Karra Elejalde, respectivamente-, ademais da mellor película.

A sorpresa foi que este ano de "colleita inmellorable", segundo declarou o presidente de EGEDA, Enrique Cerezo, películas pequenas e actores non tan coñecidos e que despuntaron polos seus traballos en óperas primas e están na rampla de lanzamento, optando ao premio cos máis grandes.

É o caso de O que arde, a pequena e deliciosa película de Oliver Laxe, premiada desde a súa presentación no Festival de Cannes, que competirá con Amenábar, Almodóvar e os directores vascos polo máximo galardón.

'O que arde', nominada a mellor longametraxe de ficción nos premios...
Comentarios