Carlos Blanco y Morris ruedan 'Dhogs' en Viveiro

Unhas 70 personas participaron como figurantes en esceas que protagonizan os actores Melania Cruz e Carlos Blanco
Melania Cruz e Carlos Blanco ante a mirada do director (á dereita).
photo_camera Melania Cruz e Carlos Blanco ante a mirada do director (á dereita).

'‘Fuego’', '‘Óscar, Kina y el láser’' e ‘'Matías, juez de línea’', son algunhas das películas que se rodaron en Viveiro, ás que dende agora hai que engadir '‘Dhogs'’, unha produción nacida no concello de Meira da que parte das súas esceas principais se gravan onte e hoxe no teatro Pastor Díaz, convertido nun plató de cine ao que asistiron unhas 70 persoas como figurantes.

Os actores Carlos Blanco e Melania Cruz protagonizaron pola mañá unha escea moi íntima nunha habitación recreada no escenario e xa pola tarde rodouse co público. «Eran espectadores sen expresión, observaban a escea pero non se inmutaban», explica Laura Doval, produtora executiva do filme, quen agradece a participación dos veciños, «que se portaron como auténticos profesionais». A rodaxe continúa hoxe no mesmo lugar, neste caso coa intervención de Antonio Durán ‘Morris’ e xa sen público.

Andrés Goteira dirixe esta película, a súa primeira longametraxe, e é un dos catro integrantes da produtora Gaitafilmes -xunto con Laura Doval, Suso López e Adrián Folgueira-, que para facer realidade este proxecto se aliaron con Pixelfilms. Todos están moi satisfeitos polo avance da rodaxe e polas facilidades de facela en Viveiro, grazas á colaboración do Concello e de empresas locais como Galipizza, El Chipe ou Ledicias.

Despois da cidade do Landro o equipo continuará coa gravación nas Pontes e na Coruña.

Comentarios