Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O Colexio Peleteiro convoca a 41 edición dos premios Minerva

O colexio Peleteiro convoca a 41 edición dos Premios Literarios Minerva, dirixidos a alumnos de  Bacharelato e 3º e 4º de secundaria de toda Galicia que non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2013.

O certame alberga tanto textos en prosa como en verso e outorga un primeiro, segundo e terceiro premio en cada unha das modalidades que consisten en 750, 450 e 300 euros, respectivamente.

As orixes deste premio remóntanse a o ano 1963, cando o Colexio M. Peleteiro, Minerva daquela época, instaurou os Xogos Florais co seu nome. O certame literario procuraba a defensa da cultura e a lingua galega, nun momento histórico no que non era fácil facelo. Así prantouse a primeira semente destes Premios Literarios de recoñecido prestixio. Renome outorgado, sen dúbida, tanto polos ilustres mantedores que tiveron a ben apadriñalo, como polos mesmos premiados que pasaron polo certame, moitos dos cales, con posteriormente, vivirían da súa pluma como Xosé Ramón Fandiño, Fernando Ónega, Darío Xohán Cabana, Xosé Antonio Neira Cruz, Olga Novo e un longo etcétera.


Consulta as bases

O Colexio Peleteiro convoca a 41 edición dos premios Minerva
Comentarios