sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

O CGAI recupera filmes sobre as actividades galegas na Habana

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) traerá a Galicia varios documentos fílmicos sobre as actividades da emigración galega na Habana. Entre os arquivos atópase a obra completa de Juan Orol, realizador galego que traballou en Cuba e México. As sete curtas que se localizaron están protagonizados polos actores Piñero e Garrido e supoñen unha mostra da visión caricaturesca que a sociedade cubana tiña sobre a figura arquetípica dos galegos.

Todos eles pasarán a engrosar os fondos da CGAI, como tamén o farán vinte documentais entre os que destaca a reportaxe do Hospital Fillas de Galicia e diversos actos oficiais que tiveron lugar no centro galego da Habana. A recuperación deste patrimonio foi posible grazas a un acordo asinado co Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC) durante o I Encontro Audiovisual Galicia-Cuba que se celebrou onte na Habana.

Está previsto que mañá os representantes da Asociación De Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA) e da Asociación Galega de Productores Independentes (AGAPI) asinen un convenio co Instituto Cubano de Arte e a Industria Cinematográficos para desenvolver proxectos audiovisuales entre os dous países.

O CGAI recupera filmes sobre as actividades galegas na Habana
Comentarios