El BNG se queja por la omisión del gallego en la campaña 'Galicia calidade'

O deputado do BNG Bieito Lobeira preguntou no Parlamento Galego pola "exclusión" da lingua galega nas campañas publicitarias da marca 'Galicia Calidade'. Segundo entende o nacionalista, "a supresión do galego é unha demostración da desafección polo propio e de anulación do noso idioma".

As dúas últimas campañas, Cos ollos pechados (2007) e De haber unha aperta [un bico] Galicia Calidade, sería este (2008), foron presentadas en galego, ao igual que o vídeo de presentación da marca gravado no 2009.



(Vídeo da campaña do 2009)


Desta volta, Lobeira denuncia que "toda Galicia está inzada de paneis de grandes dimensións co lema La mejor calidad gallega controlada. O montante invertido nesta publicidade ascende a medio millón de euros, dixo o nacionalista, quen considerou que "non existen" motivos comerciais para a exclusión do galego.

Citando as conclusións de varios estudos de mercado, asegurou que o uso desta lingua na promoción e etiquetaxe dos produtos "é percibido como sinónimo de cercanía e de confianza e adquire maior credibilidade no mercado".

Comentarios