domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

DESDE A CASA

Antón Patiño "O Novo Cinema Galego permite achegarnos á nosa realidade"

Antón Patiño.EP
Antón Patiño.EP
→ Unha película
Longa noite de Eloi Enciso está en aberto estes días xunto con outras do Novo Cinema Galego. Cómpre achegarmos á realidade de nós mesmos e da nosa memoria.
→ Un libro
Walter Benjamin, os ensaios de Ernesto Sábato (La resistencia, Antes del fin) John Berger... Axudan combater o virus ultraliberal que intoxica á conciencia colectiva.
→ Un disco
A música de Manu Chao é un bo resultado da mestura multicultural. Un ritmo transversal que figura fusionar xeitos de vida e xeografías afastadas. Imaxinación e espírito de liberdade nun ecosistema común. Auténticos himnos do precariado —o proletariado do século XXI—.
→ Unha alternativa (cómic, videxogo...)
Achegarse a Urbano Lugrís ou Álvaro Cunqueiro incrementa a inmunidade fronte ao tecnofetichismo. Cara ao universo liberado da imaxinación mítica. Artesanía das emocións.

Antón Patiño "O Novo Cinema Galego permite achegarnos á nosa...
Comentarios