Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Novas propostas e grandes figuras internacionais do jazz en Lugo

Sarah McKenzie. EP
Sarah McKenzie. EP

A cidade será o escenario de 19 concertos de jazz que van dende o Be-bop ata a fusión con melodías flamencas. As actuacións comezan o sábado e rematan o día 18

O MES DE NOVEMBRO, en Lugo, leva 28 anos transcorrendo a ritmo de jazz. Durante máis dunha semana é posible escapar dos primeiros días fríos da tempada e resgardarse nunha selección musical coidada e novedosa. Nesta edición, o Festival de Jazz contará con 19 concertos, onde se mesturan estrelas internacionais cos novos valores e estilos do panorama musical e cos representantes do mellor jazz galego e estatal.

A Asociación de Amigos do Jazz ‘Escobijazz’ son os artífices desta cita musical. Constituídos en 1990, son un colectivo de lucenses unidos por seren afeccionados deste estilo musical.

Nesta edición, o festival conta co patrocinio, entre outras entidades, do Concello de Lugo, a Deputación Provincial, o Inaem do Ministerio de Cultura, Estrella Galicia 1906, Agadic, Caixa Rural Galega, Cafés Candelas, Lugauto BMW e AIE. Ademais disto conta coa colaboración da Universidade de Compostela (USC), a Fundación SGAE, o Círculo das Artes de Lugo, o Club Clavicémbalo e o xornal El Progreso.

Os lugares onde se celebrarán os concertos serán o Círculo das Artes (Escenario 1906), a Casa do Saber da USC, o Club Clavicémbalo e o Ho! Gruf. Coa excepción da sesión vermú con Nastasia Zürcher o sábado 17, o resto de concertos están programados en horarios que van das 20.00 ata as 23.30 horas.

Nesta edición tocarán artistas como Sarah McKenzie ou os Yellowjackets

Charles McPherson, David Murray, Sarah McKenzie ou os Yellowkackets son algúns dos nomes do panorama internacional do jazz que estarán en Lugo.

Eva Fernández e Antonio Lizana destacan polas súas propostas novedosas

En canto ao panorama galego e estatal, destacan propostas novedosas como a de Eva Fernández Trío, saxofonista e cantante que mestura música e literatura; Antonio Lizana, fusión de jazz con flamenco; ou a big band dirixida por Marcos Pin&Pablo Castaño Jazz Orchestra.

Ademáis dos concertos, o martes 13 proxectarase o documental ‘Keep On Keepin’ On’, dirixido por Alan Hicks, e o mércores 14 ‘I called him Morgan’, dirixido por Kasper Collin, no Ho! Gruf.

NoOs prezos dos concertos do Círculo das Artes é de 12 euros e entre 5 e 10 euros os do Club Clavicémbalo. Para estudantes, o prezo redúcese a seis euros. Tamén é posible adquirir un abono de oito concertos por 70 euros. As entradas pódense mercar na Caseta do Festival na Praza Maior.

Novas propostas e grandes figuras internacionais do jazz en Lugo
Comentarios