domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Netflix estrea 'O sabor das margaridas', a primeira serie en galego da plataforma

María Mera é a tenente Vargas en 'O sabor das margaridas'. TVG
María Mera é a tenente Vargas en 'O sabor das margaridas'. TVG

 É un thriller policial de seis episodios

Netflix conta no seu catálogo desde este venres 29 de marzo coa serie O sabor das margaridas, a primeira produción en galego da plataforma dixital presente en máis de 180 países. 

A serie, coproducida por CTV, CRTVG e Comarex, foi galardoada co premio á Mellor Serie de Televisión nos XVII Mestre Mateo, segundo informa a produtora. 

Estreada na TVG o pasado mes de outubro con "gran éxito", agora chega a Netflix para converterse na primeira serie en lingua galega da plataforma de contidos audiovisuais. 

O sabor das margaridas é un thriller policial de seis episodios escrito por Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. A actriz María Mera protagoniza unha serie digirida por Miguel Conde e na que tamén forman parte do seu elenco actores como Tony Salgado, Miguel Ínsua ou Nerea Barros. 

Netflix estrea 'O sabor das margaridas', a primeira serie en galego...
Comentarios