Henrique Alvarellos, Desde a Casa

"Nesta situación reláxame ver imaxes de piscinas"

Henrique Alvarellos. EP
photo_camera Henrique Alvarellos. EP

→ Unha película
The Party/O guateque, de Blake Edwards (1968). Un dos mellores antídotos para estes días de baixón. Peter Sellers está incrible no seu papel de hindú.

→ Un libro
Elixo un gran clásico noso, esa viaxe dobre —real e interior a un tempo— que emprendeu Manuel Antonio polo 1926 desde Vigo e polo mar. Plasmouna no seu libro De catro a catro. "Fomos ficando sós, o mar, o paquetote e mais nós".

→ Un disco
Escoito moito neste confinamento o timbre cálido e suxestivo do cantautor inglés Nick Lowe. No seu disco ‘The old magic’ (2011) hai unha gran canción,‘I read a lot, toda unha rareza no mundo pop: está dedicada á lectura.

→ Outra alternativa (cómic, videoxogo...)
Reláxanme, nesta situación, as imaxes de piscinas. Recomendo esas estampas dos 60 de David Hockney ou as actuais e singulares da artista eslovaca María Svarbova. Axudan a levar mellor este peche que nos oprime.

Comentarios