Música de una punta a otra del país

Unha fin de semana máis, a xeografía galega énchese de festivais para todos os gustos. Así, dende o martes pasado e ata o vindeiro domingo celébrase en Viveiro o Sonearte. Na variedade está o gusto ou iso pensan os organizadores do festival lucense, xa que no seu cartel podemos atopar nomes que van desde Loquillo a Russian Red, pasando por Los Pekenikes.

Tamén o domingo rematará en Vigo a XVI edición do Revoltallo, tras catro días de metal, coas súas múltiples variedades, da man de Protest the Hero, Darksun, Larkin ou Dawn of Tears, entre outros. A entrada é de balde.

Berra! en Nigrán
Tamén dende este xoves e ata o sábado celébrase o Festival Berra! Nigrán, que se celebra na coñecida Praia América, con zona de acampada gratuíta. Conta cunha mostra de artesanía e non se esquecen dos máis pequenos, que estarán entretidos co colectivo Trasnadas; entre moitas outras actividades.

Tamén continúa estes díos o Noroeste Pop Rock, sen dúbida co cartel máis polémico da súa historia, con manifestación incluída dun sector que non entende a presencia de intérpretes como Raphael ou El Consorcio. Praia, música e 90.000 persoas mestúranse nos 7 concertos que se celebrarán ata a noite do sábado.

A partir do sábado arranca en Noia o Mar de Fondo, dedicado desta vez á música dos 60 e dos 70 e coa incorporación, escoitándose música de grupos míticos como Los Bravos ou Los Brincos. Ademais, por vez primeira, de bandas locais. A entrada custa dez euros. Na vila coruñesa, poderanse ver un total de 10 grupos, entre os que destacan Cooper ou Sidonie. Tamén contará cunha feria de discos.

Os rastafaris toman Vilalba
Pola sú aparte, Vilalba deixarase invadir polo espírito rastafari da man do II Reggae na Chaira, que conta con obradoiros e unha pequena feira rasta. A entrada é de balde. Cambiamos totalmente de rexistro co Festival Monte Faro en Rodeiro, de carácter gratuíto. Polo seu escenario, pasarán nove bandas encasilladas no rock e no folk, como Toñito de Poi ou Som do Galpom e djs para prolongar a festa ata ben entrada a madrugada. Agárdanse unhas 3.000 persoas.

Os sons do país tomarán tamén Couso durante a decimocuarta edición de As Nosas Músicas, con seis grupos en nómina co folk como nexo común. Tras as actuacións dos grupos en cartel celebrarase unha foliada aberta na que todo vale, musicalmente falando, ata que chegue o novo día.

Cambiamos totalmente de rexistro co Rock in Cambre, cos madrileños Def con Dos como cabeza de cartel, aos que acompañarán bandas locais como Gatillazo ou Hamlet, seleccionados por un xurado especializado nas Noites Rock 09, celebradas en abril e maio. Os rockeiros poderán seguir vibrando na cuarta edición Gallerock ribeirense. As noites resérvanse para a música, pero as horas de sol destianranse a actividades culturais como presentacións de libros e conferencias, porque non so de acordes viven os festivaleiros.

Galicia tampouco se esquece dos amantes da música electrónica, que poderán reunirse na praia de Areacoba en Cangas no festival Area e Son. A música correrá a cargo, principlamente, de djs da comunidade.

Comentarios