martes. 22.06.2021 |
El tiempo
martes. 22.06.2021
El tiempo

O Museo de Lugo completa a renovación da sección de gravado

_90A8684
Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación, visitou o museo. EP
A obra rematou coas con melloras na sala Prieto Nespereira

O Museo Provincial de Lugo acometeu unha remodelación da sala monográfica dedicada ao gravador Julio Prieto Nespereira. O departamento de Belas Artes e Restauración encargouse dos traballos, que consistiron na substitución do enmarcado e na revisión do estado de conservación dos 19 gravados e a escultura do artista que se expoñen na sala.

Esta actuación completa a remodelación da sección de gravado do museo, tras os traballos efectuados coas coleccións de Castelao e Castro Gil. Concluíu así o reenmarcado de todas as obras expostas e o seu acondicionamento con materiais específicos como carpetas de conservación, vidros antirreflectantes con protección UV e transparentes, marcos e molduras axeitados á normativa museográfica para garantir a conservación preventiva destes bens. Ademais, o departamento de Restauración  supervisou e actuou nas obras que precisaban algunha intervención.

Colección Julio Prieto Nespereira

A sala Julio Prieto Nespereira acolle dezanove gravados realizados coa técnica do augaforte e unha escultura, obras que o artista doou ao Museo Provincial de 1981. A partir deste ingreso acondicionouse un espazo monográfico que no ano 2010 foi reubicado no primeiro andar do museo creándose a sección de debuxo e gravado galego.

O Museo de Lugo completa a renovación da sección de gravado
Comentarios