'Mundo Shyamalan'

O famoso director M. Night Shyamalan (El sexto sentido) reúne a Will Smith e o seu fillo Jaden Smith na súa última película, After Earth, unha cinta apocalíptica que conta como estes dous protagonistas caen na Terra mil anos despois de que o planeta se convertese en inhabitable e, para poder escapar, terán que enfrontarse a terribles criaturas e a unha estrana forma alieníxena que veu con eles na nave. Ciencia ficción e moito efecto especial da man dun director que sempre sorprende.
E Richard Linklater ponse mans á obra con Antes del anochecer, no que Ethan Hawke e Julie Delpy dan vida a Jesse e Celine, agora en Grecia e uns cantos anos despois  das súas aventuras en Antes del amanecer e Antes del atardecer.
E a comedia da semana chega da man de Shawn Levy, que dirixe a Owen Wilson e Vince Vaughn en Los becarios. É a historia de dous corentóns que quedan sen traballo e deciden optar a un posto de bolseiros en Google, para o que compiten con rapaces de 20 anos moito máis dixitais ca eles.

Unha das sorpresas da semana é La bicicleta verde, coprodución de Alemaña e Arabia Saudita con guión e dirección de Haifaa Al-Mansour. Conta a historia dunha nena de 10 anos en Riad que quere unha bicicleta nunha sociedade que a ve perigosa para a muller.


Tres documentais

Hoxe chegan ás pantallas tres documentais: o romanés Crullic; e os españois Comediantes, con el sol en la maleta e Encierro, sobre o San Fermín.

Comentarios