A morte de Berganza, "unha voz única", pon á ópera de loito

A mezzosoprano de sona internacional actuou en dúas ocasións na Semana do Corpus de Lugo, nos anos 1975 e 2003
Berganza. JUAN FERRERAS (Efe)
photo_camera Berganza. JUAN FERRERAS (Efe)

O falecemento deste venres aos 89 anos de Teresa Berganza vestiu de loito ao mundo da ópera, que reaccionou unánime ao destacar a súa extensa carreira e a súa calidade vocal "una de las voces únicas y más legendarias de todos los tiempos", reseñou o Instituto Nacional de las Artes Escénicas e da Música (Inaem).

Berganza, a mezzosoprano madrileña de sona internacional, cunha extensa carreira musical e docente, faleceu aos 89 anos.

Nacida en Madrid en 1933, paseou a súa voz pola Scala de Milán, a Ópera de Viena, o Covent Garden de Londres e o Metropolitan de Nova York.

Antes de elixir canto estudou piano, harmonía, música de cámara, composición, órgano e violoncelo no conservatorio de Madrid. Foi académica de Belas Artes de San Fernando, a primeira muller que ingresou na institución e, entre outros, obtivo os premios Nacional de Música ou o Príncipe de Asturias das Artes (1991).

O seu debut produciuse en 1959 no Festival de Aix-en- Provence (Francia). O éxito como a Dorabella mozartiana de Cosi fan tutte foi rotundo e a prensa eloxiouna como "a mezzosoprano do século". En 1989, tras 14 anos de ausencia, reapareceu no Teatro da Zarzuela de Madrid, onde cultivou un éxito sen precedentes.Outros momentos especiais da súa traxectoria artística foron as súas actuacións na Exposición Universal de Sevilla e nos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992.

Berganza comezou a dedicar máis tempo á docencia musical desde finais dos anos 90. Asumiu a cátedra de Canto da Escola Superior de Música Raíña Sofía. En 2005, polos seus 50 anos na música, Deutsche Gramophon editou o álbum Brava Berganza!: A birthday tribute. En 2008, anunciou que se retiraba.

Comentarios