jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Morre o músico Andrey Volodin, a banda sonora da cidade

O músico Andrey Volodin. ALEXANDRA DMITRIEVA
O músico Andrey Volodin. ALEXANDRA DMITRIEVA
Fixo de Lugo o seu fogar, como moitos outros músicos rusos, bielorrusos e ucraínos a comezos do milenio

O músico Andrey Volodin. VOLANDO VOYComo poderemos volver ás rúas, cando esta traxedia termine, sen a música de Andrey Volodin? Durante anos e anos este músico de Volgogrado (Rusia) foi, como dicía o seu amigo Vadim Yukhnevich, "a banda sonora da cidade". El fixo de Lugo o seu fogar, como moitos outros músicos rusos,  bielorrusos e ucraínos a comezos do milenio. A súa música, sen embargo, non coñecía fronteiras. Cantas noites e mediodías nos ten levado a Italia, Portugal ou América Latina! O seu virtuosismo non só estaba en pasar dunha música clásica a un jazz, senón dos dedos nas cordas da guitarra ao sorriso que sempre, sempre, semellaba tamén erguer o voo coma unha melodía.

Guitarrista acompañante dos últimos concertos de Noemí Mazoy, Volodin formou parte da rede da música na cidade. Integrou os grupos Stranniki e Volando Libre, fixo os coros do disco Jet Lag da Banda Crebinsky, levou a cabo concertos didácticos e puxo o seu talento ás visitas teatralizadas da cidade.

Sempre lembrarei a miña nai aplaudíndolle coa xanela aberta, baixo o arco de Bispo Aguirre. Espertar coa súa música

Neste tempo difícil no que lle adveu a enfermide tivo ao seu carón a moitos amigos facendo catro gardas diarias no hospital para non estar só, tanto aqueles primeiros compañeiros cos que chegou á cidade até os músicos galegos cos que foi trabando amizade nestes anos. Vadim tamén destacou o trato “impecable” do Concello de Lugo para a celebración do seu funeral neste momento difícil.

Tan solitario coma xeneroso, ás veces Andrey Volodin tocaba polas noites, a horas ás que xa poucas cruzabamos as rúas. Ás veces semellaba tocar só para ti, que tiñas a sorte de pasar nese intre, e ser toda a noite caixa de resonancia. Sempre lembrarei á miña nai aplaudíndolle coa xanela aberta, baixo o arco de Bispo Aguirre. Espertar coa súa música. Lembrarémoste sempre. Se as rúas hoxe nos botan de menos a todas, sen ti están aínda máis perdidas.

Morre o músico Andrey Volodin, a banda sonora da cidade
Comentarios