lunes. 26.08.2019 |
El tiempo
lunes. 26.08.2019
El tiempo

Fallece a los 77 años el escritor Camilo Gonsar

(Foto de archivo: El Progreso)
(Foto de archivo: El Progreso)

O escritor lucense Camilo González Suárez-Llanos, coñecido no mundo literario co pseudónimo de Camilo Gonsar, faleceu este domingo aos 77 anos.

Gonsar formaba parte dunha corrente artística denominada 'Nova narrativa galega', con grande actividade literaria en galego ao longo da segunda metade do século XX.

Nado en Sarria en 1931, Gonsar estudou o bacharelato en Vigo e posteriormente cursou as carreiras de Filosofía e de Dereito en Madrid. Logo de residir durante un tempo en Londres, foi profesor de universidade en Nova York e dende 1964 exerceu a docencia como catedrático de instituto, ata a súa xubilación.

Camilo Gonsar ingresou na Real Academia Galega o 14 de Decembro do 2002. O seu discurso de ingreso titulouse 'Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo', e a resposta veu da man do académico Xosé Luís Franco Grande.

Problemas de saúde
A distancia que adoitaba manter entre libro e libro foise ampliando consecuencia dos seus problemas de saúde, que empeorara nas últimas semanas.

Camilo Gonsar escribiu dúas obras de relatos separados por trinta e catro anos. Os dous volumes, 'Lonxe de nós e dentro' e 'Arredor do non', poden lerse dende mediados de outubro en 'Relatos completos 1961-1995', un único volume encabezado por un limiar de Manuel Forcadela.

Nel introduce algúns dos elementos comúns a estes textos, a súa narrativa e tamén aqueles que son particulares a respecto, sobre todo, no que a literatura do momento ofrecía.

Entre a súa obra figuran ademais catro novelas: 'Como calquera outro día', 'Cara a Times Square', 'A noita da aurora' e 'A desfeita', rematada en 1983 e que lle valeu o premio da crítica de narrativa galega. Ademais de 'Arredor do non', na bagaxe de Camilo Gonsar tamén consta outra obra de narrativa, 'Cemento e outras escenas', ambas de mediados dos noventa.

Fallece a los 77 años el escritor Camilo Gonsar
Comentarios