miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Monforte acolle á preestrea de 'Live is Life', de Dani de la Torre

Dani de la Torre, cos protagonistas de 'Live is life' (AEP)
Dani de la Torre, cos protagonistas de 'Live is life' (AEP)

O presidente da Deputación de Lugo asistirá a presentación do film ► O ente provincial achegou 100.000 euros para a súa rodaxe e produción

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participará este venres xunto á deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, na preestrea da nova película do director lucense Dani de la Torre, Live is Life. A institución provincial colaborou coa rodaxe e produción da longametraxe cunha achega de 100.000 euro dentro do seu compromiso de apoiar esta industria cultural e, ao mesmo tempo, promocionar o territorio e incentivar o turismo de calidade e sostible.

Os Cines Hollywood, de Monforte de Lemos, acollerán ás 20.00 horas a presentación en primicia do filme, que se estreará en 2022 nas salas nacionais. Na sesión participarán De la Torre xunto a parte do equipo artístico, como David Rodríguez e Javi Casellas, e técnico, ademais do produtor Toni Novella.

Tomé Roca destaca que “esta colaboración está enmarcada no compromiso do organismo provincial por promocionar e potenciar o noso territorio, a través dun proxecto que converte á provincia nun plató de rodaxe, sendo unha oportunidade para a proxección nacional e internacional da riqueza patrimonial e paisaxística coa que contamos”. 

O mandatario provincial salientou o protagonismo da Ribeira Sacra en Live is Life: "trátase dun escaparate excepcional da provincia que atraerá a novos visitantes, impulsando o turismo lucense e os sector hostaleiro". 

A DEPUTACIÓN CO AUDIOVISUAL. Tomé sinalou que nos últimos dez anos o organismo provincial colaborou con máis de 30 películas, documentais, curtas e series, o que demostra o apoio claro do ente provincial coa industria audiovisual galega e lucense.

Recentemente aprobouse un convenio de colaboración con Vía Láctea Filmes para achegar unha contía de 100.000 euros en tres anualidades, de 2021 a 2023, para colaborar coa rodaxe e produción de A Volta. Trátase do novo filme desta produtora galega, que ten ao director Ignacio Vilar á fronte.

LIFE IS LIFE. Live is Life, dirixida por Dani de la Torre e baseada nunha historia orixinal de Albert Espinosa, traslada ao espectador á noite de San Xoán a mediados dos anos 80 para narrar a historia dun grupo de cinco nenos nun pequeno pobo de Galicia. O director é xa un recoñecido cineasta e un dos embaixadores da provincia de Lugo.

Monforte acolle á preestrea de 'Live is Life', de Dani de la Torre
Comentarios