sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Eva Moreda: "A miña xeración ten o fatalismo de estar en mans do destino"

Eva Moreda. EP
Eva Moreda. EP
A autora de Para toda a vida adica a novela á xeración da trintena, confusa porque nada dura

A novela Para toda a vida (Aira) é o regreso hai tres anos de Eva Moreda (Vegadeo, Asturias; 1981) ao galego tras un tempo longo expresándose literariamente en inglés. O galego é o idioma de Ribadeo, onde se estableceu con tres anos. Aos 18 marchou a Santiago para estudar Filoloxía Clásica e Musicoloxía —con postgrao en Xornalismo—. Nese tempo empezou a carreira por Europa (Inglaterra, Alemaña, Finlandia) que, polo agora, a depositou en Escocia, onde dá clases de Musicoloxía na Universidade de Glasgow.

Paula está perdida entre países e relacións. A nai intenta que escolla e se centre. O pai confía nela e pensa que Paula debe escoller sen recibir consellos.
Hai unha distancia xeracional entre nós e nosos pais. Eles encamiñaron a vida dende novos. Agora hai unha precariedade que fai que nada sexa estable, pero podes elixir se queres estabilidade ou non. A vida en Ribadeo estaba feita con 30 anos. Tiñas un traballo e unha familia, pero as certidumes agora son moi poucas.

Vostede é funcionaria.
No Reino Unido non existe o funcionariado. Poden botarme. Cando era pequena preguntábame como se sentían en Ribadeo esas persoas que tiñan traballo e familia para a toda a vida.

A nai de Paula insiste na bondade das cousas para toda a vida.
Iso vese moito na xeración máis vella, que che di: "Vós puidestes estudar, tendes as portas abertas", para vós o mundo é pequeno. Eles ven a parte positiva.

"Os nosos pais encamiñaron a vida dende novos. Agora hai unha precariedade que fai que nada sexa estable"

A xeración dos trinta anos vive en todo o planeta, pero é difícil que se asente nun sitio.
Paula é ambigua. Non sei se querería ter unha vida estable.

Déixase levar polo destino.
A miña xeración desenvolveu a convición de que os plans non sempre saen como pensaras. Hai o fatalismo de que estamos en mans do destino.

Un fatalismo agravado pola pandemia?
Dábase por feito que se ía traballar ao rematar a carreira. Os meus alumnos non poden dar concertos. A morte por enfermidade a estas idades parecía algo que estaba superado. 

"A inseguridade no traballo inflúe no amor. Xa non buscas a parella no entorno"

Esa inseguridade no traballo inflúe no amor?
Inflúe. A parella xa non a buscas igual. Antes un de Ribadeo buscaba a parella en Ribadeo, en Foz ou na Veiga (Vegadeo), como moito en Lugo. Xa non buscas no entorno. O meu home é escocés, vive en Glasgow e sempre viviu en Glasgow. Sempre estivo en contacto coa familia.

Vive ao xeito antigo?
El traballa na Unión Europea. Viaxa bastante. Pero as súas relacións habituais son de vello. Ten amigos de toda a vida, como lle pasa á xente de Ribadeo. Son relacións que me interesan, pero segue dándose de xeito particular. Hai barrios de Glasgow nos que xa non existen esas relacións. El é católico. Teñen un sentido da comunidade moi forte porque estiveron oprimidos. Iso faime pensar no que acontece cando Paula volve a Viladride; non ten unha intimidade, todos lle preguntan pola súa vida, se entra a unha farmacia comprar unha proba de embarazo logo vai sabelo a nai. Cando eu volvo a Ribadeo a xente xa lle conta aos meus pais que viu a Eva.

Esa sensación de sentirse observada provócalle angustia?
Non é angustia, é volver á adolescencia. Hai idades nas que che preocupa máis, cousas como pensar que se bebes un cubata van contarllo aos teus pais. É curioso, pero se compro tal cousa penso que llo van dicir á miña nai. En Ribadeo cambia o meu papel. Se tes a vida fóra a xente pensa: "É tan lista e traballou tanto..." Non é para tanto.

"É o mito do indiano. Cando volvía da emigración trataba de manter o prestixio que se lle atribuía"

En Galicia vívese un prestixio de estar fóra.
Cando estás fóra podes que te esforces e non teñas recompensa, como lle acontece a Paula. Cando empezaba eu non tiña o éxito que se espera nunha sociedade meritocática. Pensaba que eu cría que era boa e se cadra non era. Son conflitos difíciles, pero non quixen facer unha novela de tese. A xente párate na rúa e diche: "Que ben estás fóra!". E non queres dicir como é porque non coñeces moito esa persoa.

Prefire non desencantalos?
É o mito do indiano. Cando volvía da emigración trataba de manter ese prestixio que se lle atribuía. Xa digo, non queres pararte máis con xente que che pregunta e que pensa na meritocracia. Os meus pais teñen un papel na súa comunidade, en Ribadeo; en Glasgow dá igual quen sexas.

"O franquismo vía a vangarda musical como atea e burguesa"

Para toda a vida supón a volta de Eva Moreda ao galego dende que publicara A Veiga é como un tempo distinto hai nove anos. Ata hai tres anos, en que comezou este libro escribiu en inglés.

Regresa ao galego.
Esta novela empezou como un divertimento, con Paula como inconstante que mantén tres relacións con tres homes, pero non era acaído. Escribíraa para publicala por entregas, pero tiña máis sentido publicala como novela.

A peripecia de Paula non ten nada de divertido. Está confusa. Ten oportunidades para escoller, pero son precarias.
Acordo que vivir ao lado do traballo me parecía medieval.

Os profesores dos 70 de Ribadeo vivían onda o instituto e foran buscalos para dar clase.
Estaría xenial estar corenta anos dando clase no mesmo instituto. Os meus avós tiñan un hostal en Foz, o meu avó materno andaba embarcado. Para eles que os fillos tivesen un título era un gran salto. Eu busquei outra vida.

Imparte teoría musical e investiga a música composta durante a ditadura de Franco.
Esa etapa non estaba investigada ata hai quince anos. Era mellor non falar.

No ámbito popular parece que soamente compuxo Joaquín Rodrigo co seu Concierto de Aranjuez. Foi un beneficiado?
Rodrigo é unha figura ambigua que se beneficiou do exilio de moitos no 1939, pero non aceptaba moito o réxime. Esas ambigüidades interésanme.

A ditadura dificultou a composición?
Os nazis metíanse na música en Alemaña, en España non había unha política musical porque había interese. Nos anos 40 considérase que a vangarda representa a decadencia atea e burguesa.

Eva Moreda: "A miña xeración ten o fatalismo de estar en mans do...
Comentarios