domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

O MIHL inaugura a exposición 'Non despaletizar ata o destino'

Exposición no MIHL. EP
Exposición no MIHL. EP
Maite Ferreiro visitou este venres a mostra, que poderá verse ata o 11 de xuño

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, participou na inauguración da exposición Non despaletizar ata destino, organizado polos artistas lucenses Kutxyllo, Noemí Núñez, Pia Piadosa e Yoe33, e que se expón no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). A exposición conta cunha instalación multimedia feita por Robocity e Caskabel, do Colectivo Ruído. 

O proxecto, que poderá visitarse desde este venres ata o 11 de xuño, une distintos formatos como a ilustración, o graffiti ou a pintura, compoñendo un todo de pequenas obras independentes, realizadas expresamente para o MIHL. 

A iniciativa, ademais, conta cun compromiso medioambiental, xa que se empregou, na medida do posible, materiais reciclados.

O MIHL inaugura a exposición 'Non despaletizar ata o destino'
Comentarios