martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

O merengue de Ortiga soará no Caudal Fest

Ortiga. JANITE
Ortiga. JANITE
O festival, que se celebrará en Lugo o 20 e o 21 de setembro, anunciou as súas últimas confirmación

A segunda edición do Caudal Fest pechou o seu cartel. O festival, que se celebrará en Lugo o 20 e o 21 de setembro, anunciou as súas últimas confirmacións. Os merengues con autotune de Ortiga, as melodías da cantautora Marem Ladson, o hip hop de Denom, o indie de garaxe de The Rapants e o rock de Deleiba son as derradeiras incorporacións.

Nesta edición, que xa ten un 80% do aforo completo, haberá dous escenarios. Por eles pasarán artistas como Marea, La Pegatina, La M.O.D.A., Toteking, Izal, Beret, Xoel López e Carolina Durante, entre outros.

As entradas dun só día teñen un prezo de 35 euros e o abono para as dúas xornadas custa 55 euros. Pódense adquirir na web de caudalfest.es.

O merengue de Ortiga soará no Caudal Fest
Comentarios