domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Medos Romero vence na XIX edición do Premio de Poesía Afundación con 'E o sol era ela'

Medos Romero, no parque das Pontes. MARTA MANCEBO
Medos Romero, no parque das Pontes. MARTA MANCEBO
O xurado recoñece na obra un "percorrido vital na procura de si mesma" nun regreso á natureza "a través dunha voz feminina"

A escritora Medos Romero resultou elixida como gañadora da XIX edición do Premio de Poesía Afundación co seu poemario 'E ou sol era ela', elixida entre un total de 42 obras inéditas presentadas ao concurso.

O fallo do xurado, composto polos escritores Pablo Rubén Eyré, Concepción Prado Baña, Míriam Ferradán, Xabier Castro Martínez e Luis González Tosar; foi dado a coñecer este xoves na sede de Afundación en Santiago. 

O xurado recoñece o poemario de Medos Romero como un "percorrido vital na procura de si mesma" a través dunha obra que "foxe da retórica e regresa á natureza non nun sentido paisaxístico, senón a través da reflexión dunha voz feminina". 

Tamén destaca de E o sol era ela o seu dominio do ritmo e a contención, así como o seu aposto por "finais abertos, sorpredentes e mesmo paradógicos". 

Os promotores do certame, no que colabora a Xunta, destacaron o nivel das 42 obras inéditas presentadas a un concurso que o próximo ano celebrará a súa vixésima edición. 

Medos Romero sucede a Oriana Méndez no palmarés de gañadores do Premio de Poesía Afundación, onde figuran nomes como o de Xavier Seoane, María do Cebreiro, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luis Vale, Emma Pedreira, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Lanuxe ou Olalla Cociña

Nada nas Pontes en 1959 aínda que veciña de Valdoviño, Romero é diplomada en Enfermaría pola USC e traballa como enfermeira no centro de saúde da súa vila natal. 

Na súa traxectoria como poeta e narradora destacan galardóns como o Miguel González Garcés de 2006 ou o Premio de Poesía erótica Illas Sisargas de 2019. 

Desde o ano 1998 publicou varias obras poéticas como Rendéome no tempo (1998), Ámome en por min (1999), O peso da derrota (2000), Lenzo das madrugadas (2003), A seitura dos tristes (2006), O pozo da ferida (2006) e Do corpo e a súa ausencia (2010). 

En narrativa, Medos Romero publicou Dubido se matei a Lena (2000) e O Trevo da sorte, ademais de participar en diversas obras colectivas. 

Medos Romero vence na XIX edición do Premio de Poesía Afundación...
Comentarios