sábado. 19.10.2019 |
El tiempo
sábado. 19.10.2019
El tiempo

Máxim Huerta: ''Hay muchos perjuicios en la prensa pero no tengo que pedir perdón por escribir y estar en la televisión''

Màxim Huerta debutou en 2009 con Que sea la última vez que me llamas reina de la tele e agora, dous anos despois, vén de presentar a súa segunda novela, chamada El susurro de la caracola.

P: Como no primeiro, unha muller é a protagonista...
R: É que o mundo da muller é fascinante. Intrígame moitísimo, especialmente a soidade feminina. Sempre me interesou moito o que rodea a vida da muller.

P: Ángela provén dunha familia moi especial e chea de segredos, ¿pode desvelar algún?
R: Tanto ela como a súa nai ou a súa avoa teñen moitos segredos. É o que lle dá ese xiro final á novela. Moita xente coméntame, ata en Twitter, que a fixo chorar.

P: Fala vostede de Twitter, onde é un dos famosos máis activos. ¿Que lle atrae da rede social?
R: É algo estupendo. Rompeu todas as barreiras e pódese ter un contacto directo coa xente, que é algo moi positivo. Twitter divírteme e entretenme moitísimo.

P: ¿Tamén sofre insultos e críticas de descoñecidos?
R: Si, pero é pouca xente e son insensible a iso.

P: Haberá quen pense que é dos que sacan un libro aproveitando que son famosos...
R: Eu creo que non teño que pedir perdón por traballar na televisión e, moito menos, que sexa un motivo para frear as miñas inquedanzas literarias. En calquera caso, non somos tantos os famosos que escribimos e os prexuízos dos que falamos son máis da prensa pseudoprogre que do lector.

P: ¿Con que gozou máis: cos informativos ou con Ana Rosa?
R: Pásoo moi ben no programa, pero gocei de todo o que fixen. Sentinme moi satisfeito sendo correspondente de Canal 9, contando a caída das Torres Xemelgas en Telecinco..., pero sentar fronte á páxina en branco, na casa, co meu café e os meus cadernos é algo máis intenso.

“Non aguanto a xente que berra, insulta e come no plató”
P: ¿Como foi o xiro desde os informativos ata o programa de Ana Rosa?
R: Cando o fixen sorprendeu moito e era máis arriscado porque non o fixera case ninguén. Agora é máis normal e moitos compañeiros cambiaron de rexistro. A vertixe era importante, pero gustábame moito o desafío.

P: Se tivese que imaxinar outro salto na súa carreira, ¿que lle apetecería?
R: Encantaríame vivir fóra, ser correspondente e, a poder ser, en París.

P: No famoseo, ¿hai tantas montaxes como imaxinan os espectadores?
R: Estou convencido de que cada vez que inventan algo, o público nótao. Despois, aínda que unha noticia sexa real, o que si hai é moita esaxeración.

P: O seu perfil no programa é de home crítico que non perde a educación...
R: Enérvame moito a mala educación. Non soporto nin o insulto nin a falta de respecto e paréceme moi vulgar.

P: Pois parece que cada vez hai máis...
R: Está claro e, aínda que lle doa a alguén, non deixarei de dicir que non soporto esa televisión de gritos, tacos e xente comendo no plató.

P: ¿Os programas do corazón son tan malos?
R: Se está mal tratado, pode selo, pero entra dentro do contexto de espectáculo. O realmente grave é a manipulación informativa brutal e descarada.

P:
¿Cando foi a última vez que se anoxou por iso?
R: O máis recente foi o tratamento que lle deron algunhas cadeas da TDT ás acampadas do 15 de maio. ¡Describíanos como apestados!

Máxim Huerta: ''Hay muchos perjuicios en la prensa pero no tengo...
Comentarios