Más de trescientas personas le dan el último adiós a Don Paco

O último adeus ao intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego, finado o pasado venres aos 97 anos de idade, congregou a máis de trescentas persoas no funeral celebrado na Concatedral de Vigo, cidade na que residía.

O sepelio foi oficiado polo bispo da diócese de Tui-Vigo, Luis Quintero Fiuza, e ata alí acudiron persoeiros da vida política galega, como o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo; o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; ou a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo.

Nos dous últimos días, as mostras de dor repetíronse en Galicia e chegáronlle á familia do tamén escritor e editor desde tódolos estamentos. A Fundación Pezol, que o propio Fernández del Riego creou para acoller a súa obra, tivo aberta a súa sede cun libro de condolencia a disposición dos cidadáns. O Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e outros persoeiros da cultura do país tamén amosaron o seu pesar pola morte do que foi impulsor da Editorial Galaxia e do Día das Letras Galegas

Asemade, o Concello de Vigo decretou dos días de loito oficial en homenaxe a Fernández del Riego, algo que xa fixera con anterioridade o municipio lucense de Vilanova de Lourenzá, localidade natal do intectual.

Comentarios