miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

Martín Azúa abrirá o '12 miradas' falando na Coruña sobre o seu proceso creativo

Martín Azúa. EP
Martín Azúa. EP

A conferencia xirará en torno a unha selección de imaxes. A maiores, o deseñador impartirá un obradoiro a doce participantes de diversos perfís

O programa de acción cultural 12 miradas::Riverside -comisariado por Carlos Quintáns e impulsado por Corporación Hijos de Rivera e Laboratorio Creativo Vilaseco- arrincará este mércores na súa nova edición con Martín Azúa, un dos creadores máis recoñecidos do deseño español actual.

A charla do deseñador terá lugar o mércores a partir das 20.30 horas na Galería Vilaseco da Coruña. Na conferencia, Martín Azúa trasladará aos asistentes a súa visión da súa propia selección de imaxes e dará comezo á mostra, que se poderá visitar durante o próximo mes na librería da galería en horario de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Ademais, Azúa impartirá un obradoiro na Ribeira Sacra a doce participantes de diferentes perfís profesionais, todos eles becados por Corporación Hijos de Rivera. O programa 12 miradas conta tamén coa presenza de Elías González, encargado de manter a tradición e a historia da alfarería en Galicia levando a cabo o seu proxecto dende a Rectoral de Gundivós, na aldea de Sober.

"Lo sorprendente de cerámicas de Gundivós es la supervivencia de un taller que produce piezas tradicionales con la misma tecnología y recursos materiales de hace siglos", apuntou Martín Azúa sobre o traballo de Elías González na Rectoral de Gundivós.

"La tierra, el agua, las resinas naturales, el torno bajo, la técnica de churro y el fuego que le da ese color negro tan característico", dixo o diseñador.

No obradoiro, Azúa proporá unha aproximación sensible a un patrimonio cultural vivo que pode servir de inspiración a novos conceptos e actitudes para a creación de entornos con valores locales.

Creativos de diferentes disciplinas interactuarán co proceso de cerámica de Gundivós para xerar obras con diferentes técnicas: o debuxo, a fotografía, a escultura e a cerámica.

Azúa é un deseñador vasco licenciado en Belas Artes e vive e traballa na cidade de Barcelona compaxinando a súa actividade profesional como deseñador de obxectos e espacios para grandes empresas cun traballo máis especulativo.

No ano 2007, o seu proxecto Basic House formou parte dunha colección permanente do MoMa de Nova York.

Martín Azúa abrirá o '12 miradas' falando na Coruña sobre o seu...
Comentarios