jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Mariana Expósito: "Rafaela é menos gótica en 'O sabor das margaridas"

Mariana Expósito.
Mariana Expósito.
A actriz lucense volve participar no papel de compañeira dunha desaparecida na serie que produce CTV, cuxa segunda temporada se estreará este domingo na Televisión de Galicia

A actriz Mariana Expósito (Lugo, 1985) era quen de repetir os diálogos da película Gosth, pero pechaba os ollos e tapaba os oídos na escena na que morre Carl. A súa personaxe na serie O sabor das margaridas, Rafaela, tampouco é amable.

A serie, que produce CTV, logrou ser a primeira rodada en galego que entra no catálogo de Netflix e ten as reproducións precisas como para ser o sétimo produto non falado en inglés máis visto en Reino Unido e Irlanda, e cunha sonada repercusión en Latinoamérica, especialmente en Arxentina.
Na primeira tempada, Rafaela era compañeira de traballo e estaba namorada de Marta, que desaparece nunha pequena vila. A garda civil Rosa Vargas (María Mera) debe investigar un caso que parece non importar a ninguén, pero que se acaba revelando como un asunto cun trasfondo de chantaxes, drogas, prostitución e asesinatos.

A segunda parte de O sabor das margaridas comeza o domingo na Televisión de Galicia. Mariana Expósito apunta que o thriller «vai ser máis forte e extremo».

Volve encarnar a Rafaela, aínda que a personaxe "será menos gótica e estará menos metida en actividades satánicas" como consecuencia de que "Rosa Vargas a empotrara contra o mostrador da gasolineira na que traballa". Esa acción fai que "non se afaste tanto da vila», aínda que non poderá evitar «que lle pase algo que en principio non parece bo".

A intérprete lucense, que estivo traballando no seu papel entre novembro e xaneiro en Santiago, resalta o mérito de que unha serie armada con medios contados lograse triunfar se debe a que "está ben feita". "É unha serie curta na que cada capítulo deixa con ganas de saber o que pasa, ten moitos xiros de guión e está feita en Galicia, que é tan bonita...".

Residente na Coruña, agora está estudando Xornalismo, carreira que empezou "polos paróns de meses que tes nesta profesión"

Mariana Expósito ten unha diplomatura en Turismo, pero nunca exerceu. "Foi un plan B para os meus pais cando lles dixen que quería ser actriz". Residente na Coruña, agora está estudando Xornalismo, carreira que empezou "polos paróns de meses que tes nesta profesión".

Entre novembro e febreiro estivo facendo prácticas na Radio Galega como parte do equipo de ‘A tarde’, que dirixe Antón Rebollido. Inclinouse por ese medio porque pensa que pode achegar algo grazas á súa experiencia como intérprete.

Mariana Expósito: "Rafaela é menos gótica en 'O sabor das margaridas"
Comentarios