As lucenses María Piñeiro e Antía Yáñez gañan a segunda edición do certame 'As mulleres que opinan'

A xornalista de El Progreso foi recoñecida na categoría en castelán e a escritora lucense na categoría en galego
María Piñeiro y Antía Yáñez. AEP
photo_camera María Piñeiro y Antía Yáñez. AEP

Hablar, de María Piñeiro, e As leis de Newton, de Antía Yáñez, son os artigos gañadores da segunda edición do certame As mulleres que opinan, que convoca o foro do mesmo nome co apoio do Concello e da Deputación pontevedresas.

As autoras, premiadas nas categorías de lingua castelá e lingua galega respectivamente, recolleron este luns os seus galardóns en Pontevedra.

Na primeira edición destes premios de perdiodismo de opinión foron galardonados os artigos As voces perdidas, de Carolina Sertal, e A vantaxe de ser muller, de Carmen González.

Estes galardóns, impulsados no marco do foro As mulleres que opinan son perigosas, buscan promover o exercicio da opinión xornalística e fomentar o nacemento dunha nova "canteira de mulleres opinadoras".

Foro 'As mulleres que opinan'

O foro As mulleres que opinan son perigosas pechou o pasado 16 de marzo a súa séptima edición cun novo éxito para engadir ao seu palmarés. E non só de público, que tamén, senón que o programa foi capaz (outra vez) de axitar conciencias e evidenciar por medio dalgunhas das mellores comunicadoras do país que o feminismo non é unha vindicación incómoda, senón unha necesidade que non acepta máis prórrogas.

Olga Viza foi a encargada de clausurar a cita, que contou tamén co talento doutras mulleres como Mariola Cubells, Lucía Méndez, Lula Gómez, Noor Ammar, Isabel Cadenas, Diana Oliver, Jazmín Abuín, Ana G.Liste, Patricia Fernández de Lis, Mercedes Corbillón ou Claudia Morán. En total, 14 relatores de diferentes perfís e que comprenden tamén idades moi distintas, entre os 26 e os máis de 60 anos.

Comentarios