domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

María Dolores Araújo gaña o Ánxel Fole de narración curta por 'Imaxes roubadas'

Una mujer escribiendo. EP
Unha muller escribindo. AEP
O xurado valorou a obra da autora viguesa porque pon "a literatura ao servizo do sentimento"

María Dolores Araújo é a gañadora do XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole pola obra Imaxes roubadas. Os promotores do premio, o Concello de Lugo e Edicións Xerais, deron a coñecer hoxe martes o resultado da deliveración do xurado, que valorou a mestría da autora viguesa para poñer "a literatura ao servizo do sentimento e poucas palabras para transmitir profundas emocións".

A autora recibirá como premio 4.000 euros e verá a súa obra publicada por Edicións Xerais de Galiza.

A concelleira de cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, destacou a consolidación do certame literario no calendario cultural galego e valorou que cada ano permita "descubrir novas historias de gran calidade".

Esta calidade foi a que premiaron tamén as integrantes do xurado, que estivo composto por Antía Yáñez, enxeñeira de Camiños, escritora e docente, en representación de Edicións Xerais; Rocío Leira, gañadora da anterior edición, e María Xosefa Senín, licenciada en Xeografía e Historia, docente e tradutora.

A obra Imaxes roubadas destacou entre as demais por ser "un monllo de relatos para ler, reflexionar e desfrutar", en opinión do xurado, que valora ademais a diversidade temática, na que a muller, a arte e a denuncia teñen un espazo salientable.

Valoraron a contribución da autora a descubrir "un mundo literario paralelo ao artístico", a través de 29 historias presentadas "cunha linguaxe sucesiva que axuda a organizar o relato, que flúe e en ocasións remata de xeito sorprendente".

María Dolores Araújo gaña o Ánxel Fole de narración curta por...
Comentarios