sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

A madrileña Sara Plaza presenta o poemario en galego 'Todos os pasos fan ruído'

undefined
Sara Plaza le un dos seus poemas na librería Trama. SEBAS SENANDE
A escritora, que aprendeu galego lendo xornais electrónicos, é alumna universitaria en Lugo, a onde chegou hai dous anos

A escritora madrileñaSara Plaza presentou este venres o libro Todos os pasos fan ruído (Espiral Maior). A autora naceu e medrou en Bustarviejo, na serra de Madrid. Empezou a ler galego en xornais electrónicos e acabou por aprendelo pola súa conta con tanta calidade que levou por eses textos o XXXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, un galardón instituído pola directiva do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene en 1987.

Sara Plaza é alumna da edición 2019-2020 do mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) que se imparte na Facultade de Formación de Profesorado do campus de Lugo da USC.

O xurado encargado de fallar o galardón, cuxa entrega está prevista para este domingo, estivo formado pola poeta Lucía Novas, a crítica literaria Iris Cochón e Carlos Lixó, gañador do certame en 2017. Logo de analizar as 76 candidaturas presentadas a concurso este ano, o tribunal decantárase pola obra de Sara Plaza Moreno.

O poemario galardoado forma parte do Traballo Fin de Mestrado (TFM) elaborado por Sara Plaza baixo o título Da escritura como mirada á mirada que escribe. A natureza como alento e sustento do sentido estético, un TFM que tamén vén de ser recoñecido nos XVI Premios á Calidade Lingüística, impulsados desde o Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Sara Praza Moreno é mestra de formación e tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega.

A madrileña Sara Plaza presenta o poemario en galego 'Todos os...
Comentarios