jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

Macía, Peña Romay e Xoán Vila amosan a pegada galega en Santiago

Miguel Anxo Macía, Xoán Vila e Peña Romay. XESÚS PONTE
Miguel Anxo Macía, Xoán Vila e Peña Romay. XESÚS PONTE
Os dous pintores e o escultor lucenses teñen a súa primeira mostra conxunta ata o día 15

Miguel Anxo Macía, José Manuel Peña Romay e Xoán Vila son tres artistas de Lugo, pero nunca expuxeron como trío ata que a comisaria Cristina Carballedo os convocou ao Hotel Virxe da Cerca de Santiago. Cada un achega doce obras -en formato pequeno e mediano- a unha mestra que se manterá ata o día 15 do mes que vén.

As obras que presentou Peña Romay están caracterizadas pola arquitectura e a xeometría, xunto co impresionismo e as cores vivas. Os temas son escenas de A Coruña e Lugo plasmadas en seis acuarelas e seis óleos.

O urbano e a xeometría están tamén presentes na obra de Macía. Nas súas obras a cidade (Santiago, Lugo) aparece atravesada de coches, anoitecida e baixo a auga. "A chuvia é volverse ao mundo interior, o mesmo que provoca a noite".

O artista ten intereses na "estética do granito", dentro dun tránsito do campo á cidade. Relaciona a súa obra con antecedentes como Colmeiro, Laxeiro, Díaz Pardo ou Castelao.

TALLAS. Xoán Vila tamén cita a clásicos galegos; na escultura, no seu caso. "Nas miñas tallas hai pegada de Asorey, no policrimado e nos golpes de gubia, que son fortes e atrevidos". O creador prima "a expresividade, quero que a obra fale na segunda fase, non no bosquexo, porque non me preocupa tanto de acabado como de expresión".

"Os artistas estamos pensando sempre no acabado, pero eu, cando vexo que unha obra é expresiva, non a traballo máis. Quero que se vexan os gubiazos", explica Xoán Vila.

Macía, Peña Romay e Xoán Vila amosan a pegada galega en Santiago
Comentarios