Miércoles. 12.12.2018 |
El tiempo
Miércoles. 12.12.2018
El tiempo

Lume de Biqueira, primeira banda de gaitas que actuará no Festival de Música de Vento de China

Banda de gaitas Lume de Biqueira. EP
Banda de gaitas Lume de Biqueira. EP

A agrupación, fundada en Madrid hai 20 anos, será a segunda de música galega que toque no país asiático, logo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

A banda de gaitas Lume de Biqueira, fundada en Madrid hai 20 anos para difundir a música tradicional galega, tocará nas próximas datas no International Wind Music Festival, co que se converterá na primeira banda española en actuar no prestixioso evento que se celebra en China.

Será tamén, segundo informa a Asociación Albedro, organización sen ánimo de lucro impulsora de Lume de Biqueira, a segunda banda de gaitas galega en actuar no país asiático, despois de que o fixera en 2010 a da Deputación de Ourense, no marco da Exposición Universal de Shanghái. 

A expedición, que consta de 40 integrantes, parte cara a China o vindeiro martes 14 "coa ilusión de servir de escaparate dunha parte da cultura galega e para mostrar a variedade das manifestacións artísticas españolas", informan.

Lume de Biqueira, primeira banda de gaitas que actuará no Festival...
Comentarios