sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Luisa Castro dirixirá en Dublín o Cervantes: "Vou estar na casa"

Luisa Castro, nunha visita a Santiago. AEP
Luisa Castro, nunha visita a Santiago. AEP
A filóloga e escritora focense deixará o instituto de Bordeos o próximo setembro

Luisa Castro (Foz, 1966) será a nova directora do Instituto Cervantes en Dublín, un posto ao que accederá o próximo setembro dende a sede de Bordeos (Francia), que dirixe actualmente. A filóloga e escritora comentou que no seu novo destino vai "estar como na casa".

Os directores destes centros de fomento das linguas e as culturas españolas non poden permanecer nunha praza máis de cinco anos. Daquela piden outra. "Depende das necesidades e de como encaixes dánche un destino ou outro", aclara a focense.

Luisa Castro levaba uns meses pensando en optar á capital irlandesa porque lle facía "ilusión" traballar nun lugar "tan conectado con Galicia e a súa literatura, non o dubidei". "Sedúceme ese imaxinario, voume sentir moi na casa", remarcou. As súas expectativas son que "vai resultar fácil ao ser unha cidade na que "o interese pola literatura galega é manifesto". Resume a súa "ilusión" dicindo que "foi un flechazo".

Castro é unha dos 16 directores de centros del Instituto Cervantes que cambiarán a outras sedes, que lles foron comunicadas este xoves. Ela ocupará o posto do tradutor e colaborador de El País Víctor Andresco, que marchará cara a Toquio, e cederá a responsabilidade de Bordeos a filóloga e xornalista María Jesús García, que chega da marroquí Casablanca.

BURDEOS. Luisa Castro espera aproveitar os meses que lle quedan como directora do Instituto Cervantes porque é "moi feliz". Argumenta que "Francia é un país no que hai respecto e paixón pola cultura, invisten moito en cultura e están sempre actualizados no que se está facendo en cultura, sempre están en vangarda".

A súa experiencia é que "se aprecia o noso país, tanto en autores como en cineastas". Castro non descoida as outras culturas de España e atende especialmente a galega.

"Procuro traer cousas interesantes a Bordeos. Veu a cantante Uxía e veu a pianista Rosa Torres Pardo, unha pianista relacionada con Galicia que deu un recital con poesía de Rosalía de Castro. Foi un éxito de público, foron moitos poetas, a pesar de ela foi unha poeta do romanticismo". A maiores cita recitais dos poetas galegos novos Gonzalo Hermo e Ismael Ramos.

Luisa Castro ocupará en setembro o seu terceiro Cervantes, tras pasar polo de Nápoles.

Luisa Castro dirixirá en Dublín o Cervantes: "Vou estar na casa"
Comentarios