Desde a casa

Luis Iglesia: "Tiña agardando na mesa de noite 'Os nenos da varíola"

O actor Luis Iglesia. ARQUIVO
photo_camera O actor Luis Iglesia. ARQUIVO

→ Unha película

Cústame quedar con só unha cousa. O último que me gustou: Quien a hierro mata (talento galego), Intrigo: muerte de un autor, The munstang e El hoyo.

→ Unha serie

Hierro (máis talento galego) e The Loudest Voice’.

→ Un libro

Un que estaba agardando na mesiña de noite: Os nenos da varíola, de María Solar.

→ Un disco

Do último que escoitei: Grandes damas del jazz, Spirit In The Room de Tom Jones e parte do álbum Western Stars, de Bruce Springsteen.

→ Outra alternativa (cómic, videoxogo...)

É o momento para mergullarse nos cursos online daquilo que nos gusta: guitarra, debuxo… hai milleiros de posibilidades. Persoalmente son moi seguidor dos podcast, creo que se poden atopar temáticas para todos os gustos en aplicacións como Ivoox, Castbox, Pocket Cast, ou mesmo en Spotify. 

Comentarios