
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con José Luís Díaz, representante da Sociedade Filarmónica de Lugo, a 49 edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 21 de maio e o 8 de xuño.
A edila de Cultura destacou "a paixón pola música que demostran ano tras ano as veciñas e veciñas de Lugo". A edil de Cultura explicou que "este ano contaremos con oito concertos, que incluirán a artistas e propostas musicais de gran calidade artística e prestixio internacional".
"Desde a área de Cultura do Concello de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza de Lugo poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "este ano, por primeira vez contaremos cun concerto no auditorio do Conservatorio de Música Xoán Montes, avanzando no achegamento deste centro á cidade".
A concelleira de Cultura destacou o papel da Sociedade Filarmónica de Lugo "na organización ano tras ano desta mostra garantindo sempre a calidade das e dos artistas escollidos".
A XLIX edición da Semana de Música do Corpus achegará 9 concertos de pezas compostas entre os séculos XVII a XX. A entrada aos concertos será gratuíta ata completar a cabida.
Nesta edición contará con intérpretes como o violagambista Fahmi Alqhai que xunto ao seu grupo Accademia del Piacere abordarán un programa centrado na música para viola da gamba do barroco francés; o contratenor Carlos Mena e o grupo Concerto 1700 acercarannos un infrecuente programa de Cantadas para castrado na Capela Real Española; ou o prestixioso grupo historicista Musica Alchemica, dirixido pola excelsa violinista Lina Tur Bonet que abordará un programa que abrangue o primeiro barroco italiano e alemán.
A soprano turca Ezgi Alhuda traeranos as cancións e lieder de Verdi e R. Strauss xunto ao Ensemble da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixido por Massimo Spadano. A frautista holandesa Lucie Horsch interpretará concertos do barroco para frauta xunto á Orquestra Barroca Vigo 430, dirixida por Sophie de Bardonnèche. O Patagonia Express Trio lembrará a música de PIazzolla comandados polo pianista do músico arxentino nos setenta Gustavo Beytelmann.
O música para piano de Liszt será a protagonista do concerto da armenia Sofya Melikyan, a transcripción para violín solo das Varacións Glodberg de J. S. Bach realizada por Jorge Jímenez será estreada no festival e o Trio Castelao, formado por tres dos principais novos valores da música galega, completará o programa do festival.
Programación XLIX edición da Semana de Música do Corpus
Fahmi Alqhai
Les violes du ciel et de l’enfer
Sons de xuventude
Soños, xogos, fantasía...
Orquestra Barroca Vigo 430
Sophie de Bardonnèche, dirección
Concertos para frauta de Bach, Vivaldi e Sammartini
Ensemble da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)
Massimo Spadano, dirección
Lieder e cancións de cámara. R. Strauss e G.Verdi
Rethinking Bach. As Variacións Goldberg transcritas para violín solo
Piazzolla: Ruta 100
Lina Tur Bonet, violín e dirección
A Beleza / Biber 1681
Concerto 1700
Daniel Pinteño, violín e dirección
Bello Pastor: Cantadas para castrado na Capela Real