
O pleno do Concello de Lugo aprobou a iniciativa do BNG para prolongar ata 2021 o Día das Letras Galegas dedicado a Carvalho Calero, ao considerar que “o confinamento e as distintas medidas posteriores impediron conmemorar” como se merece a efeméride dedicada á súa figura.
“As distintas medidas derivadas da crise sanitaria impediron conmemorar a Carvalho Calero”, dixo a edila de Cultura, Maite Ferreiro, quen lembrou que esas restricións “afectaron ás distintas actividades socioculturais vinculadas á celebración das Letras Galegas, especialmente no ámbito da educación”.
O acordo plenario será trasladado agora á Real Academia Galega e á Xunta de Galicia.
“Resulta evidente que, no último trimestre do ano e sen plenas garantías sanitarias, a crise provocada polo Covid-19 fai imposible o desenvolvemento do ano de Carvalho Calero con normalidade”, dixo Ferreiro.