Os lucenses Manuel Darriba e Luís Valle publican dous novos poemarios

'Santa Morte' e 'Óstraka' suman dous novos números á colección poética Dombate

Manuel Darriba imparte un taller de escritura en Sarria. EP
photo_camera Manuel Darriba. EP

O sarriao Manuel Darriba e o lucense Luís Valle veñen de publicar dous novos números da colección poética Dombate. Son 'Santa Morte' e 'Óstraka', dúas publicacións de poesía, respectivamente .

Manuel Darriba (1973) regresa ás librarías cun traballo de case unha década. Tras nove anos sen publicar poemas, 'Santa Morte' é o nome que recibe un libro de madurez no que Darriba cambia de perspectiva respecto a obras anteriores. Tomando como eixo a obsesión polo límite, despréganse ao longo das páxinas un conxunto de metáforas tinguidas cun punto irónico.

Luís Valle culmina con 'Óstraka' dúas décadas de produción poética. O seu libro é unha reflexión sobre a vida, a linguaxe e o finito da existencia mediante unha linguaxe marxinal que xa deixaba ver en obras anteriores.

As dúas publicacións están producidas pola editorial Galaxia e xa se poden atopar nas librarías da cidade.

Comentarios