Lsebe: ''Non creo que haxa un truco nin fórmula para que a nosa música guste. Sentir, e de ahí se chega a onde sexa''

Foi o último en chegar ao grupo, mais o fixo confiando nos seus compañeiros, no seu esforzo e na súa adicación, e, sobre todo, confiando no 'son delahoja', persoal e único, tal e como o describe. Lsebe, mc pontevedrés de 27 anos, compaxina o seu traballo na cidade do Lérez coa súa paixón, a música, xunto a Delahoja, que este mesmo verán, apadriñados polo FC Barcelona, encheron co seu hip hop o estadio do Camp Nou.

P: Pinto, antigo porteiro do Celta de Vigo, é para vos Wahin, o cal se converteu no voso productor discográfico. Como foi o gol que lle metestes vós, a raíz do cal comezou esa colaboración?
R: A maneira de coñecelo foi de casualidade en Vigo. Estábamos preparando un LP, un disco, pola nosa conta, e estábamos buscando como sacalo... Atopámonos con el, escoitouna, gustoulle e, ao final, chegamos a onde estamos hoxe en día. Pero tampouco foi unha cousa pensada, para nada. Levamos moitísimos anos traballando e facendo música, e el é un productor e músico increíble, aparte de persoa.

P: Gustaríavos colaborar con el, ademais de como productor, como músico?
R: El é musico ademáis de productor, non só consegue os medios. Toca o piano, a batería... Fai varias das produccións musicais dos nosos temas; prodúceas musicalmente. E ademais é un técnico de son moi bo. Traballa coma un máis de nós.

P: Noutros vestiarios de fútbol tamén tedes moito éxito. Do do Celta saltastes ao do Barça. Messi falou de vós como ''o talismán da tempada'', converténdovos na súa banda sonora co tema Nuestra B.S.O. Despois da actuación en xuño no Camp Nou, ¿vese Delahoja compondo o tema dun mundial?
R: Eu podo falar por min cando digo que nós xamais facemos cancións pensando que van ser nin un éxito nin que van ser para algo. Se temos a sorte de que acaba sendo tema dun mundial, pois encantados. Nunca fixemos un disco pensando ''imos facelo desta forma para que guste máis'', facémolas como nos sae. Non creo que haxa un truco nin fórmula para que a nosa música guste, eu penso que sentir, e a partir de aí se chega a onde sexa, tanto como ao día de Barcelona ou á casa de calquera que o sentiu ou lle gustou o disco, pois para adiante.

P:  Co voso último EP chegastes a número 1 de YO! MTV Raps e iTunes España. Desde o personal, que é o que engancha tanto do voso hip hop?
R:  Nós cremos moito no que facemos, cada detalle está coidado. Se tivese algún tipo de segredo a cousa sería tranquilamente o traballo e o esforzo. Cada vez que alguén fai unha canción agardando que sexa un éxito, vai sair mal. A clave está en que che guste, en primeiro lugar. Despois que lle guste á xente, tamén. Facela coidada, un traballo ben feito. Nós ensaiamos un montón de horas, estamos sempre dándolle voltas ao grupo... a música é o centro das nosas vidas.

P: A vosa posta en escea está moi coidada, pero parece que todos seguides con cadanseu traballo en Pontevedra; algúns de noite, outros fins de semana... De onde sae o tempo que lle adicades a isto?
R: Nós cambiamos moitas cousas da nosa vida para poder adicarnos á música, e coma nós un montón de grupos por aí, porque as cousas na realidade non son o que parecen. Hai moita xente que parece que está a vivir da música e en realidade está traballando (noutra cousa). Nós en concreto sempre nos puxemos de acordo cos traballos para poder sacar tempo. Ao mellor un domingo, despois de saír ou traballar, imos ensaiar... Gústanos que a xente se de conta do noso traballo, ademais de nos discos, no noso directo. Somos moi de directo. A todos nos gustaría vender máis discos, pero a verdade é que o tema da música gravada está mal, hai que tirar das dúas, facer discos mellores e directos mellores.

P: Ten a culpa Internet dos problemas económicos da música?
R: Non, non. Tal e como están as cousas, a xente non gasta nunha obra de teatro. Cando se trata dun concerto contratado por un concello, a xente si que vai, pero tampouco están os Gobernos investindo demasiado nisto. Os festivais empeoran os carteis ou reducen os días de concertos por falta de investimento... As cousas están moi mal.

P: Cada vez a empresa medra máis, xustamente vía Internet. Facebook, Myspace, Twitter... Son as redes sociais o enclave da relación cos fans?
R: Non sei moi ben que dicirche. Internet para nós ou para calquera outro grupo, é unha cousa que nos axuda moitísimo. Empéñanse en dicirnos que Internet é prexudicial para isto, que é a morte da música... Cando para nós estar en Internet supón que nos escoitan en Túnez, onde temos moitos seguidores... Se non estás cunha multinacional, Internet é unha chave que abre as portas de todo o mundo. Co da piratería, a verdade que hoxe en día non se venden discos. Hai que buscar outra fórmula, como pasar do formato físico á venda do dixital por Internet...

P: É un beneficio para vós, pero os grandes grupos, xa consolidados, quéixanse polas perdas que lles procuran...
R:  Hai que adapatarse ao que hai. Agora hai grupos que venden menos copias físicas pero tocan máis ou venden máis copias dixitais. Por exemplo, do rap, Violadores del Verso levaron un disco, non sei se de platino, como recoñecemento ás copias vendidas hai un ano ou dous. Cando algo gusta, se algo é bó, chegará á xente. Se cadra agora hai que traballala (a música) máis ca antes; igual antes coa promoción xa se podía chegar ao público.

P: Reggae, hip hop, dancehall... con influencias árabes. Así se vos describe, vos recoñeces?
R: Está claro que si temos influencias de todo iso. Delahoja é unha mistura de estilos, cada un ten o seu. Uns entoan máis, outros rapean máis... Unha mistura de todo. Parece que hoxe en día é moi importante etiquetar as cousas e pórlles nome, pero nós consideramos que facemos un 'son Delahoja', unha cousa propia, ainda que poidamos encaixar un pouco nesa descripción.

P: E cara onde derivaría a traxectoria musical de Delahoja?
R: Imos madurando, imos vivindo cousas e imos aprendendo, e por aí claro que van a saír algunhas cousas diferentes neste seguinte disco. O primeiro era o primeiro, tíñamolo preparado con moita previsión, con temas que xa tiñan tempo... O segundo fala máis de música, pois era o que estábamos a vivir daquela. No terceiro, no que estamos preparando, falaremos de cousas das que pasan día a dia: a xente segue no paro, a xente segue con problemas. En canto ao son, variaremos, buscando novas producións e experimentando ata atopar algo que nos guste. Nós sempre fomos de experimentar e probar cousas novas.

P: Para cando ese novo traballo?
R:
O ano que vén agardamos telo na rúa, e sacar algún adianto antes.

P: Ti fuches o último en chegar ao grupo, despois de varios traballos individuais e con varias colaboracións con Delahoja. Había indicios daquela do éxito que se aveciñaba?
R: Cando eu gravei por primeira vez unha maqueta con Delahoja tiña 16 anos. Na segunda e na terceira tiña 18, pero ata que foron pasando as cousas eu non as esperaba. Sobre todo nun primeiro disco, que aínda que che guste moito non sabes cal vai ser a reacción do público. Logo, unha vez vista, anímaste a facer outro. Visto o visto temos aínda máis ganas de seguir coa música. É incrible. Esas cousas nonse ven. Cando me meto nun grupo non penso: "isto vai funcionar''. Fágoo porque esta xente traballa, ademais de ser colegas de toda a vida e porque vou aprender. Eles teñen máis rodaxe ca min.

      P: Poderías recomendar un disco aos lectores?
      R: A min gústame recomendar un disco dun amigo meu, que me parece que é o mellor. É de Racketerno e chámase El asesinato de la creación.

      P: De tódolos concertos dados, con cal te quedas?
      R: Pois... (dubídao moito), coa presentación do segundo disco en Pontevedra.

      P: Cal foi o concerto da túa vida, esta vez como espectador?
      R: Non foi por un grupo, foi por todo o concerto. Non foi un grupo só que me deixase alucinado. Por varias anécdotas, me quedo cun concerto en Vigo, nun festival no Porto da cidade. Delahoja tamén tocaba ese día, xunto con outros grupos nacionais.

      P: Pro SGAE ou anti SGAE?
      R: Pro SGAE se a SGAE fora o que ten que ser, e anti SGAE se a SGAE é o que está a ser.

Comentarios