sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Laura Lamontagne e Andrés Goteira, nunha serie a prol do uso do galego

Presentación da serie. RAG
Presentación da serie. RAG
'Conseguiremos' contará tamén co científico Ángel Carracedo e a futbolista Vero Boquete

A nova serie Conseguiremos, creada pola Real Academia Galega e a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, para conectar á mocidade coa lingua galega conta entre os seus protagonistas coa futbolista Verónica Boquete e o xenetista Ángel Carracedo.

Baiuca, a cantante lucense Laura Lamontagne, o director de cinema de Meira Andrés Goteira, as actrices da Panadaría Teatro —Areta Bolado, Ailén Keldenman e Noelia Castro—, a psiquiatra e divulgadora Iria Veiga e o médico Ángel Carracedo son parte do elenco da serie Conseguiremos.

Foron tres estudantes de Xornalismo e Comunicación Audiovisual —Paula Quiroga (directora), Lois Alcayde (guionista) e Meritxell Álvarez (produtora)— os que fixeron realidade a primeira edición do proxecto co apoio doutros tres docentes da súa facultade e da Academia.

"Queremos darlles voz a novos creadores e creadoras que nos instalan decididamente, con afouteza e sen complexos, no século XXI. A lingua é nosa, facémola entre todos. Cada xeración é un pulo de esperanza, unha voz que inaugura o mundo", explica Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega.

A iniciativa 'Novas voces para a lingua' arrinca cunha serie de cinco pezas audiovisuais protagonizada por mozas que son exemplo da Galicia con máis talento e que empregan o galego en todos os contextos da vida, da creación e do desenvolvemento profesional, informa a RAG.

No estadio que leva o seu nome no barrio compostelán de San Lázaro, onde de cativa ía ver xogar á SD Compostela, Verónica Boquete charla co xornalista e atleta Víctor Pérez Currás sobre os seus comezos no fútbol e como cambiou tamén co paso do tempo a súa relación coa lingua. "Recordo que de cativa [o galego] só se falaba na casa ou na aldea, e creo que iso está mudando. Cada vez a xente recoñece máis o valor de ter unha lingua propia, somos máis conscientes. Para min, que estou fóra, unha lingua propia ten moito valor. Cando explico que son dun recuncho do norte de España e que temos unha lingua propia, as persoas sorpréndese, para elas é un luxo, é un privilexio ter algo que te faga especial, que te diferencie", asegura a deportista en Conseguiremos un camiño por correr.

Laura Lamontagne e Andrés Goteira, nunha serie a prol do uso do galego
Comentarios