Lano Caamagno: "A falta de coordinación entre letra e música reflexa a forma na que os galegos vemos a vida"

Familia Caamagno chega subida nun autobús de sons a cabalo entre o rocanrol festeiro e o pop alegre, co contrapunto dunha lírica que invita á reflexión. Toca o venres, ás 23.00 horas, na Praza de Santa María

Veñen subidos a un Castromil, pero para Lugo hai que coller o Freire. 
Como non o vou saber, se o Freire para diante da miña casa. 

A actitude será similar, espero. 
Aínda que cambiemos de compañía, levamos a mesma sintonía. 

Lino Caamagno. AEPO que pasa é que tamén cambiamos de estación, acábasenos o verán e chega o outono. 
Castromil si que ten ese tono estival pero o disco en conxunto, aínda que ten melodías moi pop, non sei se é tan veraniego. 

É o voso primeiro longo. Lin por aí que o necesitaban a pesar de que os tempos piden máis sinxelos. Por que? 
É unha decisión romántica, polo tanto paixoal, e polo tanto, difícil de explicar dende un punto de vista racional. Tiñamos gañas porque é o que facían os grupos que tiñamos como referencia cando eramos máis novos. 

Aínda que che pasen cousas duras, sempre se poden ver cun prisma de humor, intentando darlle unha volta

Andan ademais afinando no seu propio son. 
Son etapas. Creo que quixemos facer algo sen marcarnos tanto unha ruta do que facer. Todo o que estabamos facendo era o que pasabamos, non faciamos unha selección. Agora creo que simplemente o paso é máis natural. É o que somos nós en 2019, é imposible facer o mesmo que hai dez anos ou dentro de 15. E non ten que ver cos anos, senon co que che aportan as túas experiencias. 

Algunhas cancións presentan ritmos alegres e bailables mentres a letra obliga a parar e reflexionar. 
Hai unha certa tristura ou melancolía aínda que a fagas en acordes maiores e pareza moi alegre. Pero gústanos moito esa falta de coordinación entre unha melodía moi viva e unha letra máis crúa. O matiz de que todo e moi bonito, pero ao mellor non tanto. 

Como a vida mesma! 
Penso que vai ligado á maneira na que os galegos nos enfrontamos á vida. Ese punto de retranca, de non tomarnos as cousas tan en serio. Aínda que che pasen cousas duras, ou situacions que non che gustan, sempre se poden ver cun prisma de humor, intentando darlle unha volta. Eso é moi galego.

Comentarios