O labor de Carlos Casares como deputado, ao descuberto

O libro recolle as intervencións do escritor como representante independente co PSG-PSOE no que foi a primeira lexislatura do Parlamento galego

 

Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, foi o encargado de dirixir a presentación da obra Carlos Casares no Parlamento de Galicia, este luns na Biblioteca do Lexislativo galego. Un libro editado pola Cámara no que se recollen as intervencións do escritor como deputado independente co PSG-PSOE no que foi a primeira lexislatura do Parlamento galego.

"A mentalidade aberta e o carácter cosmopolita  de Carlos Casares están sempre presentes e continúan sendo, decote, fonte de inspiración para os que consideramos que, lonxe de ensimesmarse, a cultura galega ten vocación e potencial de universalidade", recordou Santalices.

O libro conta cun estudo introdutorio elaborado polo profesor Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega, biógrafo de Casares e responsable desta edición. Ademais de Monteagudo, o acto contou coa intervención do exdeputado Miguel Barros e do fillo do homenaxeado, Håkan Olof Casares Berg.

Comentarios