La agenda cultural para este fin de semana

SANTIAGO
> Sidonie
O trío barcelonés presenta na cidade as cancións do seu novo disco, El fluido García. Mañá a partir das 21.30 h. na sala Capitol.
VIGO
> Lulavai
Un cuarteto de mulleres adicadas ao seu instrumento de preferencia, a arpa. Hoxe ás 21.00 h. no Auditorio Municipal.
A CORUÑA
> Samesugas + The Fuzzbombs
O punk rock da banda compostelá complétase coa “orxía fuzz” a cargo do quinteto da Coruña. Hoxe ás 22.00 h. na Sala Mardi Gras.
FERROL
> Raze + Kharma
Noite de metal a cargo destas dúas bandas da comarca de Ferrolterra. Hoxe ás 22.00 h. na sala Super 8.
VIGO
> II Air Guitar Contest - Backstage
A sala celebra hoxe a segunda edición deste concurso a partir das 23.30 h. en La Iguana Club.
LUGO
> Sandford Music Factory
Rock clásico, folk, toques de punkrock e stoner, esta noite sobre o escenario ás 23.30 h. no Clavicémbalo.
VIGO
> L’Avalanche
Desde Francia chega Les fantômes des marins, o novo traballo deste grupo. Mañá ás 22.30 h. en La Fábrica de Chocolate.
PONTEVEDRA
> Disco las Palmeras! + Colectivo Oruga + Telephones Rouges Work on sunday wosclub 01 con estas tres bandas. Hoxe ás 22.00 h. na sala Karma.
VIGO
> Linda Guilala
O dúo presentará o seu EP Paranormal, traballo que xira ao redor do xénero fantástico, o terror e o paranormal. Mañá ás 23.00 h. na sala Playmóvil.
CARRAL / A CORUÑA
> Pedrito Diablo & Los Cadáveras El cuerno del chivo é o título do primero traballo do grupo pontevedrés. Hoxe ás 23.30 h. na Sala The Star. Mañá ás 22.30 h. no Mardi Gras.
SANTIAGO
> Nada Surf + Maryland A banda de power pop radicada en Nova York regresa a España para presentar o seu novo álbum. Hoxe ás 21.00 h. na sala Capitol.
SANTIAGO
> O Camaleón Musical
Concerto de retorno do grupo eslavogalaico Volando Libre. Mañá ás 21.00 h. na Sala Santart.
SANTIAGO
> David Bisbal
O cantante almeriense segue percorrendo España coa súa xira acústica, enfocada a públicos reducidos. Mañá ás 21.00 h. no Palacio de Congresos y Exposiciones.
VIGO
> Dune + Os Fervellasverzas + Curtinaitis
Tres grupos e tres estilos diferentes nunha mesma noite de música. Mañá ás 22.30 h. en La Iguana Club.
A CORUÑA
> Yani Como + Julio Suárez & The Backyards + Dj’s invitados
A banda de Aranda de Duero presenta as cancións do seu próximo álbum. Mañá ás 22.00 h. na sala LeClub.
FERROL
> Magenta
Festa de carnaval animada con música e espectáculo en vivo. Mañá ás 22.00 h. na Sala Super 8.
LUGO
> Grated
A banda defínese a si mesma como un conxunto de catro rapaces tocando rock&roll. Mañá ás 23.30 h. no Clavicémbalo.
SANTIAGO
> Erik Truffaz
O trompetista francés inaugura o ciclo Jazz in Blue. Mañá ás 21.00 h. no Teatro Principal.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
>Baile de soños
Un espectáculo da compañía Circio que transporta a un mundo fantástico de música e danza. Hoxe ás 21.00 h. no Teatro Principal.
ARTEIXO
> As Sircópatas
Interesante e orixinal espectáculo de Novo Circo. Hoxe ás 20.45 h. no Centro Cívico Cultural.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
> Paper Dolls. O silencio das damas
Un proxecto experimental que combina unha obra de teatro cun documental sobre a súa elaboración. Hoxe e mañá ás 20.30 h. no Salón Teatro.
O BARCO DE VALDEORRAS / FERROL
> O florido pénsil
Parodia dos métodos de educación na época franquista. Hoxe ás 21.00 h. no Teatro Municipal Lauro Olmo e mañá ás 20.30 h. no Teatro Jofre.
A CORUÑA
> Zoo
Unha comedia para todos os públicos, centrada nun grupo de exploradores que se adentran na xungla. Mañá ás 20.30 h. no Rosalía de Castro.
VIGO
> A gaivota
Unha obra teatral sobre o conflito emocional dunha aspirante a escritora e filla dunha famosa actriz. De hoxe ao domingo no Teatro Arte Livre.
A CORUÑA
> A maxia dos soños
Peza teatral dirixida aos máis cativos. Domingo ás 12.30 h. no Teatro del Andamio.
OURENSE
> 13 anos de maxia Trucos de mans, risas e intriga a cargo do mago Xacobe. Domingo ás 12.00 h. no Auditorio Municipal.
VIGO
> Grillos y luciérnagas
Unha mostra de teatro infantil protagonizada por Luis Oyarbide e Patricia Cercas. Domingo ás 18.00 h. no Auditorio Municipal.
LAZA
> Festa Gastronómica
Sexta edición deste evento, adicado á cachucha, á bica branca, ao xastre e ao licor café. Hoxe ás 21.00 h. no Pavillón Municipal.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
> Retro Auto & Moto Galicia
Salón do vehículo clásico e de época, ao que se suma este ano o sector da motocicleta. De hoxe a domingo no recinto feiral de Amio.
GALICIA
> Entroido
As cidades e vilas galegas celebran multitude de actos, tanto procedentes da tradición como novas propostas. Desde hoxe ata o domingo.
CULLEREDO
> Festa do Cocido
Primeira edición da festa gastronómica que se celebra no municipio en honor deste prato tradicional. De hoxe a domingo na parroquia do Burgo.
ABADÍN
> Expogrelo
Feira para mostrar as virtudes dos mellores espécimes desta planta. Mañá ás 09.00 h. no recinto feiral de Gontán.
TABOADA
> Festa do Caldo de Ósos
Exaltación deste prato tradicional, coa presenza doutras particularidades gastronómicas da contorna. Mañá e o domingo.
NAVIA DE SUARNA
> Festa da Androlla
Unha mostra dedicada aos embutidos típicos desta comarca. O domingo.
VILARIÑO DE CONXO
> Festa do Cabrito
Ademais das celebracións dos folións, o municipio homenaxeará a carne de cabrito e a bica. O domingo.
VIANA DO BOLO
> Festa da Androlla
O municipio combina as festividades do Entroido coa degustación gastronómica deste produto típico. O domingo.
O GROVE
> Concurso da Filloa e da Orella
Un xurado elixirá as propostas máis sabrosas e orixinais. Mañá a partir das 17.00 h.

Comentarios