DESDE A CASA

Julián Hernández: "'Soft Machine Vol.II' é a segunda mellor parte do rock"

Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Julián Hernández. EP

→ Unha película
M, o vampiro de Düsseldorf. Fritz Lang pasa do mudo ao sonoro e fai historia. Peter Lorre emprende viaxe á estratosfera.

→ Unha serie
Colombo. Peter Falk crea un detective tan poderoso que usurpou a súa personalidade no remate da súa vida. Dá igual as veces que se mire: é  hipnótica.

→ Un libro
Seis problemas para don Isidro Parodi de H. Bustos Domecq. Ou Jorge Luis Borges e Adolfo Bioy Casares, vaia. Don Isidro resolve seis casos dende a cadea. A única novela que leva a firma de Borges aínda que sexa con Bioy.

→ Un disco
Soft Machine, Vol. II. Psicodelia? Prog-rock? A mellor segunda parte do rock? Todo xunto e máis. Con título de William Burroughs, Soft Machine pegou un chimpo máis alá de Pink Floyd con este álbum perfecto.

Unha alternativa
Os gravados de Gustavo Doré para a Comedia de Dante. Unha visión dantesca de máis —mal favor fai o adxetivo ao texto—, pero mola.

Comentarios