Julián Hernández: "Poida que 'Miña terra galega' dea máis beneficios que a orixinal en España"

Julián Hernández falou en Lugo sobre Folla con él, unha crónica sobre cómo Siniestro Total fixeron as versións con letras propias. O libro recolle 26 temas alleos que a banda viguesa transformou facéndoo en tal número que o seu líder defíneo "como un xénero"
Xosé Manuel Pereiro e Julián Hernández fala na presentación. SEBAS SENANDE
photo_camera Xosé Manuel Pereiro e Julián Hernández fala na presentación. SEBAS SENANDE

Siniestro Total empezaron citando música. A banda chamábase Mari Cruz Soriano y Los Que Afinan Su Piano ata que sufriron un accidente. Julián Hernández conducía o Renault 12 do pai nunha noite veraniega de 1981 na que a néboa que subía da ría de Vigo ocultou un valado que resgardaba unha obra. O resultado deu o nome definitivo á banda, que anunciou que deixaba os escenarios "porque 61anos non son anos para andar de Bilbao a Cádiz en coche", explica o seu líder, Julián Hernández.

"Empezamos facendo versións como todos os grupos de rock", comenta Julián Hernández. A singularidade dos vigueses é que cambiaban as letras. "Era divertido e acabou converténdose nun xénero. Eran sons parecidos: de Rock on the beach dos Ramones fixemos Rock en Samil", en referencia á praia viguesa. Hernández acaba de publicar o libro Folla con él. Todas las versiones de Siniestro Total y sus circunstancias, que sae coa editorial madrileña Trama e que deu coñecer onte na librería lucense Trama.

O líder de Siniestro Total desvela que a idea orixinal era publicar "a letra nun folio e un comentario debaixo, pero acabou sendo un folio de comentario e dez folios de comentarios". O libro recolle 26 das cancións compostas por outras que tocaron —todas menos unha de Hernández, menos unha— en 224 páxinas. O título procede de Somos Siniestro Total, unha versión de Highway to hell de AC/DC. A letra orixinal, que se titulaba Folla con el, "trataba de resolver un problema entre un músico nun concerto e unha moza que estaba na barra".

A versión que máis sona lles deu foi Miña Terra Galega (1984), na que usaron a música de Sweet home Alabama, de Lynyrd Skynyrd. "Avisámoslles de que tiñan unha cantidade de cartos pola nosa versión. Rexistrárona como Sweet home Alabama A.K.A. Miña Terra Galega", é dicir, indicaban que o título orixinal tiña outro a maiores en España. "É probable que gañasen máis cartos" coa versión española "que coa orixinal".

A última versión que interpretaron foi Vivo en América, no que traballan sobre as notas de Living in America, de James Brown

Cando un artista quere interpretar un tema doutro debe pedir  permiso á súa discográfica e negociar. "Houbo un punto de inflexión nos anos 80, cando as independentes foron absorbidas polas multinacionais. A ninguén lle guste que lle cambién a canción, que lle reescriban a letra".

A última versión que interpretaron foi Vivo en América, no que traballan sobre as notas de Living in America, de James Brown. Julián Hernández adianta que "a negociación foi surrealista". "Tivemos que mandar a letra. Non lles gustou a frase: Dios existe y es americano, que es de un cómic de Allan Moore. A división de Warner en España portouse ben e díxolles que España é católica e se cita moito a Deus, non lle dixeron en qué sentido". Menos graza lles fixo a alusión a Little Boy e a Fat Man, "que foron as bombas de Hiroshima e Nagasaki".

Sobre unha cita de nomes que citan, a compañía estadounidense tivo que opinar: "Ao lado do nome de Richard Nixon puxeron Mal americano; xunto ao de Ronald Reagan, Bo americano; xunto ao de Julio Iglesias, Bo americano".

Julián Hernández remarcou que Siniestro Total non desaparece, "temos temas para gravar". Tampouco renuncian a facer versións, "pero soamente para tocalas en directo porque negociar coas compañías é complicado".