martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Tallón: o autor galego non ten 'vocación autodestrutiva'

Ó panorama literario galego fáltalle vocación autodestrutiva. Así o considera o escritor Juan Tallón, gañador do VI Premio Pastor Díaz coa súa obra 'A autopsia da novela'.

O autor asegura que para crear "hai que aprender a destruír, a desfacerse da súa obra", un proceso que constitúe o eixo central do libro premiado, que foi presentado onte en Compostela.

Tallón explicou que se trata dunha historia escrita "baixo algunhas fórmulas da novela negra, pero que non quere ser unha novela negra". Dentro desta aparente contradición atópase o pretexto para desenrolar a temática que ó autor lle interesa explicar, "a capacidade autodestrutiva do individuo".

O escritor e xornalista ourensán explicou, así mesmo, que a súa novela trata de ir "máis aló do argumento e das personaxes para reflexar que hai unha técnica". Tallón escribiu a primeira versión deste libro hai dez anos, cun total de 600 páxinas, que ficaron reducidas ás 200 da obra galardoada.

Tallón: o autor galego non ten 'vocación autodestrutiva'
Comentarios