sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Juan Rodríguez: "Facemos o 'Lázaro de Tormes' desde Almagro en streaming"

Representación de "Lázaro", de Pedras de Cartón.
Representación de "Lázaro", de Pedras de Cartón.
A compañía coruñesa Pedras de Cartón logra entrar en la edición más singular del Festival de Almagro cunha versión do clásico con tres intérpretes en silencio detrás dunhas máscaras

O dramaturgo Juan Rodríguez soa entre resignado e animoso. "Iamos estar na Mostra de Teatro Clásico de Lugo e suspendérono dous días antes de actuar a causa da pandemia", lamenta. Forma parte da compañía teatral Pedras de Cartón, que estreara a obra Lázaro de Tormes en outubro.

Despois de representala por vez primeira en Narón –onde se puido ver en seis oportunidades– deron funcións en Vigo e Santiago, ata que a xira quedou atoada en Lugo no seu camiño cara ao Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

O Lázaro de Pedras de Cartón lograra pasar unha selección de ámbito internacional para ser elixido como un dos cinco proxectos a representar na localidade de Cidade Real. Foron encadrados en "Barroco Infantil", o programa familiar do certame.

Ao cabo, o grupo viaxou a Almagro. O pasado venres Juan Rodríguez, Xosé Manuel Esperante e Xosé Vilarelle puxeron unhas máscara e desenvolveron a súa versión do clásico español diante de seis espectadores, que eran nenos e adultos que integraban o xurado, e duns técnicos que manexaban catro cámaras. "Foi unha sensación rara, como de estar nun ensaio", comenta Juan Rodríguez.

O resultado poderá verse a través da rede dende o xoves ao seguinte mércores en www.festivaldealmagro.es tras pagar 6,60 euros.

Lázaro de Tormes é a primeira montaxe de Pedras de Cartón, que fai "teatro clásico para público familiar" coa singularidade de "buscar outra perspectiva". Neste caso, seguen a trama do Lazarillo pero os tres actores cúbrense con máscaras inanimadas e botan en silencio os 50 minutos de representación.

Hai actores deste tipo de máscaras larvarias que prefiren recitar os seus diálogos en voz baixa para acompañarse na actuación, pero Juan Rodríguez opta "por non dicir nada, notaríase".

As máscaras permiten aos tres intérpretes facer seis personaxes diferentes; Lázaro novo e adulto, crego, escudeiro, crego e señora.

A trama mantense, polo que a obra se conta a través de fragmentos representativos da peza. "A escena máis difícil é a do escudeiro". O escudeiro é o terceiro amo de Lázaro. O rapaz pensa erradamente que ten cartos e seu amo acaba dependendo del. Juan Rodríguez estima que no libro "está máis narrado", o que complica a adaptación escénica.

A peza ten unha banda sonora orixinal de Davide González. "Empezamos a crear as escenas tararexando os movementos, mandámoslle un vídeo ao compositor, facemos propostas e empezamos a traballar engadindo elementos", explica o representantes do grupo coruñés.

QUIJOTE. Barroco Infantil complétase con outras catro pezas. Son Mirada de Quijote, de Abrojo Teatro; Las cartas del Quijote, de Tramant Teatre; El desafío de Carlos V, de Soldenoche Teatro, e Ni come ni deja comer, de la Asociación Teatral Cultural A Escena. O ciclo ten un bono que permite ver as cinco obras en streaming por 20 euros, ao que se deben sumar os gastos de xestión.

As obras de adultos serán en directo.

Juan Rodríguez: "Facemos o 'Lázaro de Tormes' desde Almagro en...
Comentarios