Jaureguizar presenta en Santiago a súa nova novela: 'Placebo'

O escritor e xornalista estivo acompañado na Libraría Couceiro por Kiko Novoa e Manuel Bragado
Jaureguizar, acompañado de Kiko Novoa y Manuel Bragado
photo_camera Jaureguizar, acompañado de Kiko Novoa y Manuel Bragado

O escritor e xornalista Santiago Jaureguizar presentou este mércores pola tarde na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela o seu novo libro, Placebo. Ademais do autor, estiveron presentes o xornalista Kiko Novoa, da Radio Galega, e o editor Manuel Bragado, máximo responsable de Xerais. 

Con Placebo, Jaureguizar regresa á narrativa para adultos despois de oito anos –tras ‘O globo de Shakespeare’, 2008-, unha historia de amor ambientada en Ribadeo que empezou a escribir hai unha década.

Nunha entrevista publicada a semana pasada neste medio, o escritor definía o seu último traballo como "un libro sobre a burguesía e os seus grandes intereses".

Comentarios