5 artistas gallegos, candidatos a los Premios de la Música

Deluxe, Uxía, Iván Ferreiro, Ophiusa e Víctor Aneiros
photo_camera Deluxe, Uxía, Iván Ferreiro, Ophiusa e Víctor Aneiros

Este mércores déronse a coñecer os finalistas da XIII Edición dos Premios da Música nun acto simultáneo en Badajoz, Barcelona e Madrid. Na lectura de finalistas, participaron artistas como Lourdes Hernández (Russian Red), Edurne, Vinila Von Bismark (Krakovia), Dyango, OBK ou Alejandro Abad, entre outros.

Os galegos Iván Ferreiro e Deluxe compiten coas dúas grandes revelacións do ano pasado, Vetusta Morla e Russian Red, na categoría de Mellor Álbum de Pop Alternativo. Ademais, o guitarrista ferrolán Víctor Aneiros, o grupo folk compostelán Ophiusa e a voz inconfundible de Uxía repartiranse o premio á Mellor Canción en Galego.

Outro disco con indubidable sabor galego presente nestas candidaturas é 'Etxea', de Kepa Junkera, finalista ao Mellor Álbum de Música Tradicional. Para este traballo, o vasco rodeouse dun importante elenco de artistas que non quixeron deixar de participar no proxecto. Entre eles, estaban os galegos Xabier Díaz, Guadi Galego, Uxía e Andrés Suárez.

Os gañadores dos XIII Premios da Música desvelaranse en rolda de prensa o vindeiro 26 de febreiro e a cerimonia de entrega de galardóns terá lugar o 12 de marzo no Palacio de Congresos Manuel Rojas de Badajoz.

Comentarios